IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou onte unha vítima en Benicássim (Castellón).
FESTAS
As festas do Apóstolo, escenario do I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o movemento Sound System
O vello colexio Ramón Cabanillas, no Castiñeiriño, acollerá o sábado o I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o movemento Sound System celebrado en Galicia. O evento Compostela Dub 2016, enmarcado nas festas do Apóstolo, está promovido pola Asociación Cultural MaisLume e financiado ao abeiro do proxecto piloto de Orzamentos Participativos na área de Mocidade.
FESTAS
Europlá promete "a maior intensidade pirotécnica na historia dos Fogos"
O alcalde, a concelleira de Acción Cultural, e o representante da empresa Focs d´Artifici Europlá, José Gallart, presentaron hoxe en rolda de prensa o espectáculo audiovisual e pirotécnico do que poderemos gozar na noite do 24 de xullo. Martiño Noriega lembrou que esta será a primeira vez na que esta empresa valenciana teña "a responsabilidade de desenvolver esta montaxe, que ten unha proxección que vai moito máis alá de Compostela e que por iso ten que estar á altura da tradición e do que a...
PLENO
A Corporación acorda ampliar os usos dunha parcela en Conxo para executar o aparcadoiro provisional en superficie do barrio
O Pleno do Concello acordou a ampliación dos usos dotacionais autorizados na reserva de equipamento deportivo no SUP-4 de Conxo co obxectivo de implementar un aparcadoiro en superficie de forma provisional mentres o Sergas non proceda a construír o que sería o centro de saúde do barrio, unha reivindicación na que coinciden todos os grupos da Corporación.
FESTAS
Circo e baile na axenda festiva deste venres
Despois do éxito que tivo o ano pasado, este venres celebrarase unha nova gala do circo dentro das festas do Apóstolo. Circompostela 2016 comezará ás dez e media da noite no parque de Belvís.
ALCALDÍA
O Concello asinará este sábado a Carta de Consumo Responsable e Solidario
O Concello de Santiago asinará a Carta de Consumo Responsable e Solidario nun acto que se celebrará este sábado 23 de xullo, ás 12:00 horas, no Hostal dos Reis Católicos.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso os traballos de mellora da eficiencia enerxética da fachada oeste do Pazo de Raxoi
O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso a obra de mellora da eficiencia enerxética da fachada oeste do Pazo de Raxoi, por un importe global de 340.590 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 17 de agosto.
FESTAS
A música galega protagonizou unha nova xornada das festas do Apóstolo
A xornada deste xoves nas festas do Apóstolo tivo un marcado acento galego, grazas ao concerto de grupos galegos na praza da Quintana e ao de Talabarte na praza do Toural. A esta dúas citas sumouse pola tarde outro concerto da Banda Municipal de Música na praza das Praterías.