ACCIÓN CULTURAL
Teatro do Morcego presenta "Presidente"
A compañía Teatro do Morcego presenta esta fin de semana o seu espectáculo Presidente no Teatro Principal. Dirixida por José Prieto, conta no elenco con Celso Parada, Mercedes Castro, César Goldi, Iolanda Muíños e Federico Pérez. Será o domingo 27, ás 20:30 horas, no Principal. As entradas, a 10 euros, poden mercarse tanto no despacho de billetes do propio teatro (aberto de 18:00 a 21:00 horas), como no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a embaixadora da República Checa, Katerina Lukesova
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi a embaixadora da República Checa, Katerina Lukesova.
XUNTA DE GOBERNO
O programa "Compostela Móvese" busca a dinamización do tecido empresarial da cidade
A Xunta de Goberno aprobou o programa Compostela Móvese 2015, promovido pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Este programa conta cunha liña de axudas á creación de empresas e outra de actividades de dinamización económica.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese cos responsables do Padroado do Museo do Pobo Galego
O alcalde de Santiago vén de realizar unha visita ao Museo do Pobo Galego, acompañado polos membros do seu Padroado. Martiño Noriega tomou boa nota dos proxectos máis inmediatos da institución, que preside Xusto Beramendi.
ALCALDÍA
Santiago e Oroso recuperan o proxecto das Vías Verdes a Compostela
O alcalde de Santiago recibiu hoxe ao seu homólogo en Oroso, dentro da rolda de contactos que vén mantendo cos rexedores da comarca. Martiño Noriega e Manuel Mirás repasaron os asuntos que teñen en común os dous municipios, e amosaron o seu desexo de recuperar o vello proxecto das Vías Verdes a Compostela.
CONVIVENCIA
O Goberno local e os Bombeiros empezan a negociar o Plan Director do Corpo
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia reuniuse este mediodía coa Xunta de Persoal e co xefe dos Bombeiros de Santiago, Xesús Martínez, para avanzar na redacción do Plan Director do Corpo. Xan Duro estudou a proposta presentada polos traballadores, que considera un bo punto de partida para o que terá que ser o documento final.
EDUCACIÓN
Convocada unha Xunta de Voceiros para que se apoie de forma conxunta ao CEIP de Vite
A voceira do grupo municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, púxose en contacto esta mañá cos voceiros do PP, Agustín Hernández, PSdG-PSOE, Paco Reyes, e do BNG, Rubén Cela, para buscar o apoio de todos os grupos ás reivindicacións da ANPA do CEIP de Vite.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Reunión da Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio
Este venres celebrouse na sede da Casa Árabe en Madrid a reunión de constitución da nova Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, tras as recentes eleccións municipais. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu a esta xuntanza.