XUNTA DE GOBERNO
O Concello solicita a declaración da área de rehabilitación integral de Vite
A Xunta de Goberno acordou solicitar á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a declaración da área de rehabilitación integral (ARI) no barrio de Vite. O Concello tamén asume o compromiso de manter unha oficina municipal de rehabilitación con medios suficientes para a xestión e o impulso das actuacións de rehabilitación nese ámbito, así como realizar achegas municipais que se deriven das actuacións de rehabilitación e/ou urbanización.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras do novo campo de herba artificial de Conxo
O secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, deu conta da adxudicación pola Xunta de Goberno das obras de reforma integral do campo de fútbol a carón do Psiquiátrico de Conxo, por importe de 246.000 euros máis IVE. Ademais da súa conversión en campo de herba artificial, tamén se adxudicou a remodelación das redes e servizos, neste caso por un prezo de 80.267,77 euros máis IVE. Este proxecto é financiado conxuntamente coa Deputación da Coruña.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local segue considerando "insuficiente" a achega autonómica ao estatuto de capitalidade
A achega de 2,3 millóns da Xunta de Galicia para o financiamento do estatuto de capitalidade segue a ser considerada como "insuficiente" polo Goberno local. Así o indicou o secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, tras aprobar este órgano municipal o texto do convenio a subscribir con este fin entre o Concello de Santiago e a Consellería de Facenda, un día despois de que o mesmo fora ratificado polo Consello da Xunta.
ALCALDÍA
A praza do Obradoiro acolleu unha demostración de fiado de lá
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e a concelleira Noa Morales asistiron na praza do obradoiro á presentación de "A Fía da Lá 2015, evento organizado por Cabanas Rural. Asociación de Mulleres.