ALCALDÍA
Martiño Noriega expresa a vontade de axilizar o proxecto de inserción sociolaboral de Proxecto Home en Virxe da Cerca
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse en Raxoi co director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo. Da xuntanza saíu o compromiso do rexedor de por "toda a vontade política" en desbloquear o proxecto de inserción sociolaboral previsto por Proxecto Home na antiga sede da entidade na rúa Virxe da Cerca.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Goberno local desbloquea os convenios coas entidades sociais deste exercicio 2015
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, ofreceu en rolda de prensa datos relativos aos 28 convenios con entidades sociais recollidos nos orzamentos de 2015 e cuxa tramitación se atopaba paralizada. Indicou que se tomou a decisión política de mantelos e de "desbloquear" a situación na que estaban. Destes acordos, 16 xa pasaron pola Xunta de Goberno e están asinados ou pendentes de asinar e outros dez serán tramitados no prazo máximo dun mes, segundo anunciou.
ACCIÓN CULTURAL
"Ekilibuá", de Maintomano, en Verán na Rúa
A compañía Maintomano, de Castela e León, presenta o seu espectáculo Ekilibuá este xoves, ás 19:30 horas, na praza da Quintana, nunha nova xornada do programa Verán na rúa.
ALCALDÍA
O Concello sumouse á homenaxe a Ánxel Casal no 79º aniversario do seu asasinato
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou no acto de homenaxe a Ánxel Casal, celebrado como cada 19 de agosto na Estivada da Ribeira (Montouto), preto da curva na que apareceu tras ser asasinado na noite do 18 ao 19 de agosto de 1936.