ALCALDÍA
O alcalde deu a benvida aos participantes na Reunión Anual de Directores do Instituto Cervantes cos versos galegos de Lorca
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu a benvida na Cidade da Cultura aos participantes na Reunión Anual de Directores do Instituto Cervantes, inaugurada pola S.M. a Raíña Dona Letizia. Fíxoo cun dos Seis poemas galegos de Federico Carcía Lorca, o "Madrigal á cibdá de Santiago".
FESTAS
Belvís converterase este mércores nun gran parque do circo dentro das festas do Apóstolo
O parque de Belvís converterase o mércores pola noite nun gran parque do circo. A partir das 22:30 horas comezará a Gala de Novo Circo Compostelán Circompostela, organizada por Culturactiva e por PistaCatro dentro da programación Artellando das festas do Apóstolo 2015. Ademais, nesta xornada teremos o IV Certame Folk organizado por La Voz de Galicia, con xogos de habilidade, obradoiros e varios concertos, ademais da Feira de Artesanía e de Deseño. O calendario festivo complétase con outras moitas.../em>
FESTAS
A ritmo de reggae e de tango nunhas repletas prazas da Quintana e do Toural
Gentleman & The Evolution foron os protagonistas da quinta xornada das Festas do Apóstolo 2105. O público, que unha noite máis encheu a praza da Quintana, bailou ao ritmo do éxitos que levaron a este artista alemán ao cumio do reggae a nivel mundial.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago está a restaurar o retablo da Virxe de Montserrat da capela do Hospital de San Roque
O Consorcio de Santiago está restaurando o retablo da Virxe de Montserrat da capela do Hospital de San Roque, situada na rúa do mesmo nome, co fin de garantir a súa conservación futura. Os traballos estaos a realizar a empresa Alfa ArteRestauración SRL.