CONVIVENCIA
A Policía Local súmase á campaña da DXT de vixilancia e control da velocidade ao volante
O Concello de Santiago de Compostela adhírese unha vez máis, como é habitual, á campaña especial sobre vixilancia e control da velocidade que promove a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), polo cal a Policía Local levará a cabo controis da velocidade nas principais vías urbanas da nosa cidade entre os días 20 e 26 de xullo.
FESTAS
Concerto de Gentleman & The Evolution e seis propostas de Artellando na xornada do martes 21 das festas do Apóstolo
Gentleman & The Evolution son os protagonistas da xornada das Festas do Apóstolo 2105 do martes 21 de xullo. Estarán ás 22:00 horas na praza da Quintana nun concerto con entrada libre, como todas as propostas do programa de Festas deste 2015. O programa complétase con seis actividades de Artellando: narración oral con Brais das Hortas na Gracia e con Contos Daboapipa en Vite e San Lourenzo; teatro coa compañía O Bandullo Azul na Praza Roxa; danza con Ánxela Blanco detrás do CGAC; e música con Marcelo Mercadante...
ALCALDÍA
O Concello de Santiago mantense firme na reivindicación da necesidade da estación intermodal para a cidade
Este mediodía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto co concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, reuniuse en Madrid co director xeral de ADIF, Javier Gallego, e coa secretaria do consello do ente, Alicia Portas.
FESTAS
Noite de gospel noutra xornada con alta participación das festas do Apóstolo
Os protagonistas da cuarta xornada das festas do Apóstolo foi The Gospell Times, que encheu unha noite máis a praza da Quintana. Esta agrupación de profesionais de altísimo nivel transmitiron ao público o máis refinando son do gospel, cun repertorio composto por cancións tradicionais.