ALCALDÍA
Noriega afirma a vontade de manter unha "interlocución estable e operativa" coa USC
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, mantiveron unha xuntanza en Raxoi. Neste primeiro contacto repasaron algúns dos temas comúns que afectan á cidade e á institución, abrindo así unha etapa de "interlocución estable e operativa", en palabras do rexedor municipal.
CULTURA
A Real Filharmonía de Galicia celebrará 25 concertos na nova temporada, ademais de actuacións na rúa, propostas didácticas e un concerto extraordinario polo 20º aniversario
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou a súa nova temporada de abono 2014-2015 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio da cidade, Belén Hernández; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; e o seu director técnico, José Montes.
EDUCACIÓN
Educación e Cidadanía publica a listaxe de prazas vacantes para a segunda convocatoria de matrícula da Escola Municipal de Música
A Concellaría de Educación e Cidadanía publicou a listaxe de prazas vacantes para a segunda convocatoria de matrícula da Escola Municipal de Música.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de 200 nenos e nenas participan nas actividades das Mañás de Verán e de Xogo nos centros socioculturais
Co inicio do mes de xullo arrancaron as Mañás de verán e de xogo, incluídas no programa Vive o verán. Un total de 226 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, participan nestas actividades, que se desenvolven nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Santa Marta, Fontiñas, Nemenzo, A Gracia e Figueiras.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse co Foro Cívico Empresarial para sumarse á reivindicación dun maior financiamento para a USC
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantivo onte un encontro co Foro Cívico Empresarial nas instalacións da Cámara de Comercio. Nesta reunión, as diversas institucións da cidade que conforman o colectivo solicitaron ao rexedor o seu apoio nas reivindicacións sobre o aumento de recursos públicos e financiamento para a Universidade de Santiago.
CULTURA
Friman, Potter, Abramovich e Herningman nunha xornada do Festival Via Stellae na que tamén estará Brais González
Na xornada do xoves 2 de xullo teremos dúas propostas dentro do Festival Via Stellae. Comezamos ás 20:00 horas na Capela da Orde Terceira con Anna Maria Friman, John Potter, Ariel Abramovich e Jacob Heringman, que presentan o programa Amores pasados… e amores presentes… desdebuxando fronteiras, e continuamos co pianista vigués Brais González, ao que poderemos escoitar ás 22:00 horas no CGAC co programa Espírito barroco#alma atlántica