EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Apertura do prazo de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores
A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica a apertura do prazo de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago para o curso 2016-2017. O prazo estará aberto do 27 de xuño ao 11 de xullo (ambos os dous incluídos).
NADAL
Os Reis Magos encheron as rúas de Compostela de ilusión e de caramelos
Milleiros de nenos e nenas asistiron un ano máis á chegada dos Reis Magos a Santiago de Compostela. Logo da tradicional Cabalgata polas rúas da cidade, no Pazo de Raxoi, un por un puideron expresarlle ás Súas Maxestades as súas peticións en forma de agasallos.
ALCALDÍA
Ofrenda floral a Valle-Inclán no 79º aniversario do seu pasamento
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu en Boisaca á ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 79º aniversario do seu pasamento.
ALCALDÍA
Santiago comeza o ano co orzamento de maior gasto social e investimento produtivo da lexislatura aprobado
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, aprobou definitivamente o orzamento municipal para 2015, que ascende a 102,6 millóns de euros. Son unhas contas expansivas que presentan o maior nivel de gasto social e investimento produtivo da lexislatura.
CULTURA
A obra ‘Selección natural’ abre a temporada do bono de Teatro Galego e Portugúes
As funcións serán o mércores 7 e o xoves 8 de xaneiro ás 20.30h no Teatro Principal a 10 euros. O bono, que se pode mercar no Principal e no Salón Teatro, permitirá asistir a 5 funcións a escoller por un prezo de 35 euros.