TURISMO
O mellor Patchwork de Galicia pode verse esta fin de semana en Santiago
O Patchwork é a arte de unir teas de diferentes cores e tamaños empregando múltiples técnicas para facer, cuns deseños únicos, manteis, tapices, cestas, caixas... Área Central acolle a Feira de Galicia de Patcchwork, con expositores comerciais, clases para nenos, unha exposición e conferencias para emprendedores.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
O Auditorio de Galicia acolle a entrega dos premios "Falemos da nosa historia"
O Colexio compostelán López Ferreiro celebrou a décima edición do seu concurso de redacción Falemos da nosa historia, dirixido a escolares do 3º ciclo de educación primaria e do 1º ciclo da ESO de calquera centro de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais celebran no Don Bosco o premio que recibiu a súa carroza no Antroido pasado
Este sábado 7 de xuño desde as 17 ata as 20.30h, as máis de 250 persoas que participaron na comparsa "A maxia dos centro socioculturais" que foi premiada no desfile do Antroido 2014 cun terceiro premio, celebrarán este recoñecemento cunha xornada festiva organizada nas instalacións do Centro Xuvenil Don Bosco.
TURISMO
A Organización Mundial do Turismo e as Cidades Patrimonio da Humanidade de España asinan un convenio de colaboración en Santiago de Compostela
O Seminario da OMT "O rol do Patrimonio Mundial na configuración de produtos turísticos innovadores" que se celebrou esta tarde é o primeiro proxecto que ambas as dúas entidades poñen en marcha no marco deste convenio para a posta en valor e comercialización do Patrimonio Mundial como produto turístico diferenciado
XUNTA DE GOBERNO
O Concello inicia a contratación dos Fogos do Apóstolo por 187.000 euros
A voceira da Xunta de Goberno, Reyes Leis, deu conta dos asuntos tratados entre os que salienta o inicio do expediente de contratación dos Fogos do Apóstolo e un programa de bolsas para a incorporación de 70 mozos en empresas da zona de Urbana Santiago Norte.