EDUCACIÓN
Publicada a relación de vacantes da Escola Municipal de Música para o curso 2014-2015
A Escola Municipal de Música fixo pública a relación de prazas vacantes para o curso 2014-2015 na súa segunda convocatoria.
EDUCACIÓN
Terceira xuntanza de coordinación do plan de obras de verán nos centros escolares
A concelleira de Educación, Reyes Leis, mantivo con técnicos de Educación e de Urbanismo unha nova xuntanza de coordinación en relación ao plan de obras previsto para este verán nos centros de ensino do municipio. No marco deste programa, o alcalde, Ángel Currás, e a propia edil visitaron a Escola Infantil do Tambre, na que en xullo se renovará o sistema de climatización.
CULTURA
Fabio Biondi e Kenneth Weiss interpretan as sonatas para violín e clave de Bach
Dous dos grandes nomes da corrente interpretativa "historicista", e da música en xeral, dous senlleiros artistas como o palermitano Fabio Biondi e o neoiorquino Kenneth Weiss únense nun concerto monográfico dedicado ás sonatas para violín e clave de Johann Sebastian Bach dentro do Via Stellae. Escritas mentres prestaba os seus servizos en Weimar e Cöthen, estas espléndidas sonatas son un magnífico exemplo da profundidade expresiva e o perfeccionista dominio técnico deste mestre da composición. Poderemos...
ALCALDÍA
O alcalde traslada ao Comité de Empresa de Urbaser a necesidade de evitar unha folga do lixo en Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Currás, trasladou hoxe ao Comité de Empresa de Urbaser a necesidade de evitar unha posible folga do lixo en Santiago, que prexudicaría a imaxe da cidade nunhas datas de grande afluencia de turismo como son as Festas do Apóstolo.
DEPORTES
Ábrese o prazo de solicitude de uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2014-2015
Co fin de poñer en funcionamento as instalacións deportivas municipais (pavillóns, campos de fútbol, pistas de atletismo…) para a vindeira tempada, a Concellería de Deportes pon en coñecemento de todas as entidades que teñan previsto participar en actividades de carácter periódico (principalmente as de competición e as vinculadas aos centros de ensino) e que estean interesadas no uso das devanditas instalacións, que o prazo oficial de solicitude estará aberto do martes 1 ao xoves 24 de xullo.
TURISMO
A tapa "Crocante de arroz, perexil e sardiña macerada ao romeiro", do Restaurante O Ferro, gaña Tapéate Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participaron no Hostal dos Reis Católicos na gala final de Tapéate Compostela, na que os finalistas prepararon as súas tapas en directo.