CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xornada de xogo e convivencia para celebrar o fin de curso sociocultural
Arredor de 90 rapaces, inscritos nas actividades regulares dos distintos centros socioculturais dos barrios e parroquias de Santiago, gozaron dunha xornada de convivencia e xogo como remate do curso sociocultural, no marco do programa Vive o verán. A festa celebrouse no Local Sociocultural da Gracia.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu aos actos de incorporación de Baeza e Úbeda ao Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou este sábado na Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, que se reuniu con carácter extraordinario en Baeza e Úbeda, cidades andaluzas que formalizaron a súa incorporación ao Grupo.
MEDIO RURAL
Luis Meijide informou ás asociacións veciñais do rural sobre as actuacións previstas nas parroquias para os vindeiros meses
O concelleiro Luis Meijide reuniuse no Local Sociocultural da Peregrina con representantes da Federación de Asociacións Veciñais do Rural (FERUSA) para informalos polo miúdo dos plans anuais de rozas e rebacheos previstos e sobre as actuacións incluídas polo Concello no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2014).