BENESTAR SOCIAL
A Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación reúnese en Compostela
Persoal das administracións socias revisan nestes encontros as actividades de sensibilización dispoñibles para 2014 e a andaina dos proxectos en países do Sur. O Concello de Santiago acolleu na Casa das Asociacións de Cornes a primeira das xuntanzas que se celebran en seis vilas galegas.
COMERCIO
Olalla Esmorís Blanco gaña o concurso de vídeo "No corazón do teu barrio"
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, entregoulle o premio, un Ipad Mini, ao pai da gañadora, Manuel Esmorís Boquete, xa que ela estaba traballando, nun acto que tivo lugar na Casa do Concello.
ALCALDÍA
O Concello rende homenaxe ao escultor Francisco Asorey
Dentro dos actos conmemorativos do 125 aniversario do nacemento do escultor, o alcalde compostelán, Ángel Currás, participou nunha ofrenda florar na súa memoria no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval. Ao acto asistiron o vicepresidente da Asociación Francisco Asorey e fillo do artista, José Manuel Asorey; o alcalde de Cambados, Luis Aragunde; e o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez.
URBANISMO
A concelleira de Desenvolvemento Sostible interésase polo traballo de Trameve
María Pardo visitou esta semana as instalacións que a empresa ten no Polígono do Tambre. Trameve colabora con Cogami dando emprego no sector do desguace de automóbiles a persoas con algunha discapacidade.
FESTAS
A carroza Danzateka e a comparsa Estrela da noite gañan o concurso do martes de Antroido
Ano tras ano os composteláns seguen saíndo a rúa para celebrar o Antroido e ver o desfile a pesar do mal tempo. O conxunto de carrozas, comparsas, charangas, acompañados de centos de nenos e maiores disfrazados, animaron unha vez máis a tarde de carnaval.Tras o percorrido polas rúas da cidade, o xurado elixiu os mellores en cada categoría, que se repartiron máis de 12.220 euros en premios.