CENTROS SOCIOCULTURAIS
A exposición "Cidades de papel" abre unha Semana Cultural de Conxo con actividades para todos os públicos
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou a Semana Cultural de Conxo, que xa alcanza a súa edición número 27. Do 11 ao 15 de setembro, o barrio acollerá exposicións, cine ao aire libre, xogos, obradoiros, deporte, teatro, baile, animación á lectura, itinerarios pola cidade e ata a presentación dun libro.
TURISMO
Santiago de Compostela promociónase en Estados Unidos, Xapón e Rusia
Turismo de Santiago desenvolverá en setembro tres accións de promoción en EEUU, Xapón e Rusia, seguindo a liña estratéxica dirixida a conseguir que o turismo internacional teña un maior peso na demanda turística da cidade.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o prazo de inscrición nos servizos de comedor e de madrugadores
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a apertura do prazo de inscrición nos servizos de comedor e de madrugadores para o curso 2012-2013 na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello. Tamén se adxudicou a xestión da Escola Infantil de Salgueiriños ata o 31 de decembro.
EDUCACIÓN
Inscrición nos servizos de comedor e madrugadores
Áberto o prazo de inscrición nos servizos de comedor e madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago. Curso 2012-2013.
CULTURA
Nacho Vegas inaugura a nova temporada do ciclo Íntimo&Acústico
Logo do parón estival, o ciclo Íntimo&Acústico, da Concellería de Cultura volve cunha nova temporada cargada de música de calidade. E inaugúrase cun concerto moi especial que dará Nacho Vegas acompañado da súa banda ao completo o venres, 14 de setembro, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal.
MOBILIDADE
Inicio do prazo de recollida de tarxetas de aparcamento de residentes para os veciños do barrio da Almáciga
O Departamento de Tráfico informa que, dende o luns 10 de setembro, os veciños da zona 4 - A Almáciga, que dispoñan da tarxeta de aparcadoiro de residente de zona verde, deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substitúe á anterior. Ademais, recorda aos veciños das outras tres zonas con prazo xa a aberto e que aínda non recolleron as súas tarxetas, que deben pasar a retiralas.