BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago e a Fundación Secretariado Xitano perfilan o seu convenio anual de colaboración
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, reuniuse coa coordinadora do equipo de Santiago da Fundación Secretariado Xitano, Isabel Suárez, e coa directora en Galicia da devandita Fundación, Eva Vera. No encontro perfiláronse as liñas de colaboración que quedarán marcadas no convenio anual a subscribir, no que o Concello achegará 20.000 euros á Fundación para as accións do programa Acceder.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Redecinema trae á praza da Quintana a proxección aberta do filme "Vilamor"
O programa Redecinema, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, chega a Santiago de Compostela coa proxección do filme Vilamor. Será o sábado 8, a partir das 22:00 horas, na praza da Quintana, nunha sesión aberta e de balde para todos os públicos.
FESTAS
O encontro "Compostela Canta" amosa o traballo de dez corais da cidade
O sábado 8 e o domingo 9 de setembro, o Teatro Principal acolle o I Encontro de Corais Compostela Canta. Serán dúas sesións, ás 20:00 horas, nas que dez corais da cidade amosarán o mellor do seu repertorio ao público compostelán, nunha nova iniciativa que quere prolongar no tempo.
BARRIOS
O Concello acometerá obras en 17 barrios por importe de 800.000 euros
O concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, deu conta dunha serie de obras que o seu Departamento vai a executar nos vindeiros meses en 17 barrios da cidade. A Xunta de Goberno irá adxudicando progresivamente as distintas actuacións, cuxo investimento total será de 800.733 euros.
TURISMO
Santiago e Trondheim (Noruega), unidas polas súas rutas de peregrinación
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu Rita Ottervik, alcaldesa de Trondheim, cidade de Noruega referencia do Camiño de San Olav. A rexedora da cidade nórdica encabeza unha delegación que está en Compostela para estudar as estratexias de promoción turística do Camiño de Santiago e para avanzar na creación dunha rede europea de rutas de peregrinación.
EMPREGO
A Axencia Local de Colocación pon a disposición dos empresarios a información relativa aos incentivos á contratación
A Cámara de Comercio de Santiago acolleu a presentación da campaña de difusión sobre incentivos á contratación para empresas, aprobados pola Dirección Xeral de Fomento do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que desenvolverá o Concello de Santiago a través da Axencia Local de Colocación, dependente da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego.
DEPORTES
O Arteal volver traer a Compostela unha competición internacional de tenis de mesa
O Multiusos Fontes do Sar será a sede, o sábado 8 e o domingo 9 de setembro, da primeira ronda do torneo internacional de tenis de mesa ETTU Cup 2012, organizada polo club Arteal TM.
CULTURA
Cave, Lisabö e Unicornibot en triCiclo, segunda proposta desta temporada do Compostela Rock
O triCiclo é unha proposta musical de concertos de tres bandas, sempre de primeiro nivel en diferentes localizacións da xeografía galega. Unha escusa perfecta para, ademais, mostrar ao mundo o talento de artistas galegos noutras disciplinas, xa sexa traballando con artistas gráficos establecidos ou descoñecidos. Así, a primeira edición desta proposta presentárase dentro do Compostela Rock con Cave, Lisabö, Unicornibot e o deseñador Andrés Magán. Será o sábado 22 de setembro na Sala Capitol, coa...