FACENDA
A aposta polas políticas sociais e a dinamización económica plásmase na suba das partidas para este fin no orzamento 2012
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, deu conta da reunión da Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Especial de Contas á que se levou o orzamento 2012. Anunciou que as contas se aprobarán inicialmente nun pleno ordinario o venres 22.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente e o IES Xelmírez I realizan un programa educativo medioambiental
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, presentou no IES Xelmírez I un proxecto medioambiental que se realiza conxuntamente co devandito centro. Trátase de que os alumnos de 1º da ESO contribúan a coidar as zonas verdes do instituto e unha pequena horta, formándoos no respecto ao medio ambiente.
BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago e COGAMI colaboran nun innovador proxecto europeo
O presidente de COGAMI (Confederación Galega de Persoas coan Discapacidade), Anxo Queiruga, e a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, asinaron un convenio de colaboración que favorece a posta en marcha dun servizo de préstamo de produtos de apoio de segunda man para persoas con algunha discapacidade ou en situación de dependencia.
ECONOMÍA
Cento cincuenta empresas participan na xornada Getting Contacts!
A concelleira de Economía, Reyes Leis, inaugurou a primeira Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts! de Santiago de Compostela, que se celebra dentro do programa Santiago Investors Support, da Concellería de Economía. Na xornada colabora a Xunta de Galicia a través de Bic Galicia, que estivo representada pola súa responsable, Maite Cancelo.
ALCALDÍA
Recepción á peña ciclista Amigos de Santiago
A primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, recibiu os integrantes da peña ciclista Amigos de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu en Portugal á comisión executiva do Eixo Atlántico
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro Francisco Noya asistiron á comisión executiva do Eixo Atlántico.
EDUCACIÓN
Inaugurada a exposición "O encontro na poética de Eugenio Granell"
O Arquivo da Cidade da Cultura acollerá ata o 2 de decembro a mostra O encontro na poética de Eugenio Granell, a primeira das motras programadas pola Fundación do artista en diferentes espazos da cidade para celebrar neste 2012 o centenario do seu nacemento.