CULTURA
O Consello Reitor do Auditorio nomea a Miguel Fernández-Cid e Ángel Sicart como membros de recoñecido prestixio cultural
O Consello Reitor do Auditorio de Galicia reuniuse na Casa do Concello para nomear os dous membros de recoñecido prestixio cultural. Elixiron a Ángel Sicart e Miguel Fernández-Cid, que a partir de agora son oficialmente membros do Consello Reitor.
DEPORTES
I Andaina Solidaria a favor de Unicef
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou en rolda de prensa I Andaina Solidaria Santiago de Compostela a favor de Unicef, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. Sairá da praza do Obradoiro ás 10:00 horas do domingo 18 de setembro.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago adherirase á Rede de Dinamización Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, manifestoulle ao alcalde o interese da Xunta de Galicia en que Santiago se adhira á Rede de Dinamización Lingüística posta en marcha pola Administración autonómica e as entidades locais. Xerardo Conde Roa expresoulle a total disposición do Concello a sumarse a esta iniciativa de dinamización social da lingua.