EDUCACIÓN
Primeiro día de curso sen incidencias nos centros educativos de Santiago
O día no que os escolares de Santiago volveron ás clases, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, realizou unha visita a varios centros educativos. Neste primeiro percorrido desprazouse ata os CEIP Ramón Cabanillas, Pío XII e Monte dos Postes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba axudas para 21 inmobles da ARI de Vista Alegre
A Xunta de Goberno aprobou, entre outros asuntos, axudas para 21 inmobles destinadas á instalación dun ascensor entre o número 12 da rúa de Santa Uxía de Ribeira e o número 2 da rúa de Boiro, en Vista Alegre, no marca da súa Área de Rehabilitación Integral (ARI). Tamén se aprobou o reparto de axudas para as asociacións veciñais e para a realización de actividades de dinamización comercial.
BENESTAR SOCIAL
O Concello prepara un plan de prevención do consumo de alcohol por menores
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, anunciou que a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD), en colaboración coa Policía Local, está a elaborar un plan de prevención do consumo de alcohol por menores. O proxecto estará listo a principios de outubro.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e a rede Camiños de Europa trazan liñas de colaboración para promocionar a ruta xacobea
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co presidente e co secretario xeral da rede camiños de Europa AEIE, Alessandro Cardinale e Giovanni Pattoneri. No encontro falaron da posible organización de eventos de promoción do Camiño de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán súmase á homenaxe ao Victoria no seu 75 aniversario
O Victoria F.C cumpre 75 anos, consolidándose como unha das institucións deportivas da cidade máis arraigadas. Con tal motivo, a directiva do club foi recibida polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.