CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello colabora na "Olimpiada Solidaria" co obxecto de recadar fondos para a reconstrución dunha escola en Haití
Baixo o lema "Queres ser solidario?", a iniciativa presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, pon en relación as horas de estudo dos rapaces e rapazas que participan coas empresas e patrocinadores que financian o proxecto e por último, cos programas de axuda que se impulsan con esta campaña. Poderase participar entre o 5 de novembro e o 5 de decembro.
CULTURA
Maldita Nerea presenta en Santiago o seu último disco o venres 2 de decembro
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o cantante e compositor de Maldita Nerea, Jorge Ruíz, presentaron en rolda de prensa o concerto que o grupo murciano ofrecerá en Santiago o vindeiro venres 2 de decembro. A cita será ás 21 horas no Multiúsos Fontes do Sar e contará coa actuación como pregoneiros de Funambulista e Lagarto Amarillo.
ALCALDÍA
A Fundación Anade enche a praza do Toural de emoción cun espectáculo de danza moi especial
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu na praza do Toural á representación dunha obra posta en marcha pola Fundación Anade, protagonizada por persoas con discapacidade ou enfermidade mental.
DEPORTES
A selección española de natación sincronizada visita Santiago o venres e o sábado tras facer o Camiño
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, acompañado polo presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, presentou os actos que terán lugar este venres 28 de outubro e o sábado 29 con motivo da chegada a Santiago de Compostela tras realizar o Camiño da selección española de natación sincronizada. Un dos actos máis importantes terá lugar o sábado a partir das 10.00 no Auditorio de Galicia, onde as nadadoras manterán unha charla con todos os rapaces e rapazas de Compostela que...
EMPREGO
As xornadas da I Feira Internacional de Emprego ofrecerán máis dunha vintena de actividades gratuítas
A I Feira Internacional de Emprego (FÍE) acollerá durante a súa celebración os próximos días 3 e 4 de novembro as xornadas ‘Os novos mercados de traballo e as estratexias innovadoras para a busca de emprego’, cun completo programa de conferencias e obradoiros impartidos por profesionais procedentes de diversos ámbitos.
PLENO
O goberno comprométese a estudar baixadas nos tipos impositivos do IBI para 2013
O Pleno da Corporación, reunido en sesión ordinaria, debatiu sobre política fiscal e tamén procedeu a dar conta do informe de estabilidade orzamentaria no que foi un dos asuntos máis relevantes dos tratados nesta última xuntanza.