IGUALDADE
O Concello homenaxea a oito mulleres polo seu labor social
Como cada ano, o Concello de Santiago súmase aos actos con motivo do Día Internacional da Muller. O acto central será o xoves 11, cun acto de homenaxe a oito mulleres en recoñecemento do seu labor social e en prol da cidadanía.
ALCALDÍA
O Plan de Difusión Exterior de Compostela comeza con actos en catro cidades italianas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de varios concelleiros e de diferentes representantes sociais e académicos da cidade, viaxará a Italia os días 7, 8 e 9 de marzo. Ponse así en marcha a primeira das accións do recentemente presentado Plan de Difusión de Compostela 2010.
SEGURIDADE CIDADÁ
Compostela segue a rexistrar uns índices baixos de delitos
A concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano e o xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, fixeron balance do traballo desenvolvido por este corpo durante o 2009. Das mesmas dedúcese que Santiago segue a ser unha cidade segura polo seu índice de delitos.
TRANSPORTES
TUSSA incrementa os seus orzamentos ata case os dous millóns de euros
A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) afronta o novo exercicio 2010 cun orzamento equilibrado entre ingresos e gastos de 1.941.796 euros, un 25,84% superior ao presupostado para 2009. Así o aprobou o consello de administración da sociedade, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CIDADE HISTÓRICA
A área de San Frutuoso convértese nun singular labirinto de buxo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a reurbanización da área de San Frutuoso, acompañado da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira. Esta actuación, integrada no Fondos Estatal de Inversión Local, tivo un custo de 730.000 euros e supuxo a intervención sobre un ámbito de 1.792 metros cadrados.
DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte deu a coñecer os doce clubs que optan aos premios PIDEVI
O vicepresidente da Fundación Compostela Deporte e concelleiro de Deportes, Bernardino Rama; o xerente de Área Central e membro do Padroado da Fundación Juan Carlos Losada; e o membro do Comité de Selección Antonio Bermúdez presentaron a V Gala do Deporte Compostelán. Celebrarase o venres 26 de marzo no Hotel Puerta del Camino e neste acto entregaranse as Axudas aos Clubs Federados de Santiago de Compostela e os Premios Deporte e Vida nas Categoría de Saúde, Educación, Benestar e Non Violencia, así como o Premio...
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música adquire novo material
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón visitaron a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela para compartir coas familias e alumnado a nova dotación instrumental, audiovisual e de son do centro. Esta compra supuxo para a Concellería de Educación un investimento de 43.000 euros.