ALCALDÍA
O tramo do colector entre Pontepedriña e a depuradora entra na última fase de licitación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, visitaron as obras de mellora do colector interceptor do río Sar no tramo entre Pontepedriña e Ponte San Lázaro. Esta actuación supón un investimento de máis de 8 millóns de euros.
MOBILIDADE
O 2007 pechouse sen vítimas mortais e con menos accidentes nas estradas compostelás
Malia o significativo aumento da densidade de tráfico, a accidentalidade nas rúas e estradas de Santiago segue a diminuír. Así se desprende dos datos de atestados do ano 2007, presentados pola concelleira de Mobilidade, Marta Álvarez-Santullano, e polo xefe da Policía Local, Norberto Villaverde.
CULTURA
Sonia Méndez estrea no Teatro Principal o seu primeiro filme, "Perversa Lola"
A directora novel Sonia Méndez (Vigo, 1980), estrea o venres 29 de febreiro Perversa Lola, o seu primeiro traballo como autora cinematográfica. O filme foi presentado en Raxoi pola propia directora e polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego, acompañados dos actores protagonistas. A estrea será ás 21:00 horas no Teatro Principal. A entrada é de balde.
RÉXIME INTERIOR
Aprobados os modelos de declaracións de bens e de causas de incompatibilidade
Os tres grupos municipais deron o seu voto favorable aos modelos das declaracións de intereses patrimoniais, causas de posible incompatibillidade e actividades dos membros da Corporación e do persoal directivo municipal.
MEDIO AMBIENTE
As hortas municipais compatibilizarán o lecer dos maiores co aproveitamento do espazo público
O Pleno municipal aprobou inicialmente o proxecto da ordenanza que fixará os criterios de acceso e de utilización das hortas municipais de uso público. Unha parcela en Belvís será a primeira na que a Concellería de Medio Ambiente poña en marcha esta singular iniciativa.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa no Festival Musika-Música de Bilbao
Os días 1 e 2 de marzo, a Real Filharmonía estará en Bilbao, para ofrecer tres concertos monográficos sobre Schubert no Palacio Euskalduna, no marco do Festival Musika-Música. Para a ocasión, a formación santiaguesa ten preparado tres programas diferentes que inclúen as oberturas ás óperas Fierrabras e Rosamunde, así como as Sinfonías número 7 ("Inacabada") e número 8 ("A Grande").
PLENO
O Pleno aproba a concesión de catro distincións a proposta da Policía Local
O sábado 1 de marzo, a Policía Local celebra o seu patrón, o Santo Anxo da Garda. Neste marco, entregarase a Medalla do Corpo a catro integrantes dos corpos de seguridade, en recoñecemento á "súa conduta exemplar durante a súa vida profesional". O Pleno aprobou por unanimidade a concesión destas distincións.
AUDITORIO
Concerto didáctico da cantante e gaiteira Mercedes Peón
Dentro do ciclo Concertos Didácticos, o Auditorio de Galicia ofrecerá o luns 31 de marzo, ás 11:00 horas, o concerto Dende o noso ao teu, de Mercedes Peón.