ALCALDÍA
A nova autovía Santiago-Brión desconxestionará os tráficos de entrada e saída á cidade
A apertura da nova autovía AG-56 entre Santiago e Brión permitirá dar servizo a unha media de 25.000 automobilistas diarios e permitirá desconxestionar os tráficos de entrada e saída da cidade cun notable aforro de tempo. A autovía conta con 12,6 quilómetros e 3,3 quilómetros de corredor que servirá de circunvalación a Milladoiro.
ALCALDÍA
O alcalde agradece ao Museo do Pobo Galego ter convertido a Santiago na capital da cultura tradicional galega
O presidente do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo, recolleu de mans do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a Medalla de Ouro da Cidade ao Mérito Cultural. Nun solemne acto na Igrexa de San Domingos de Bonaval, recoñecéronse así os altos servizos e atencións prestadas por esta institución na cidade.
TURISMO
José Posadas, Pepe Rodríguez, José Solla, Cristino Álvarez e Toñi Vicente, gañadores dos Premios Picadillo do Fórum Gastronómico Santiago’08
O Fórum Gastronómico Santiago’08 iniciou, coa cena inaugural celebrada esta no Pazo de San Lourenzo, unha semana de actividades culinarias que farán de Compostela un dos referentes principais na oferta gastronómica do Arco Atlántico. O evento reuniu a un centenar de personalidades, entre representantes de institucións públicas, do sector privado e expertos gastronómicos, que disfrutaron dun menú preparado por chefs do Grupo Nove.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nace unha nova empresa no marco de Equal Compostela Social
O sábado 17 de febreiro inaugúrase, ás sete da tarde, Xocoátel, unha nova tenda especializada na venda de chocolate. Promovida pola compostelá Sandra Ishreid Barros, está situada na rúa Rosalía de Castro, n.º 3. Trátase da empresa número 63 que se pon en marcha ó abeiro do programa de iniciativa comunitaria Equal Compostela Social, que rematou as súas actividades o 31 de decembro do 2007, pero que segue dando os seus froitos coa constitución de novos proxectos empresariais.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu á embaixadora británica
A embaixadora do Reino Unido en España, Denise Holt, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Acompañouna a cónsul honoraria británica en Vigo, Lucy Watson.