ALCALDÍA
Santiago participará na Conferencia de Cidades do Arco Atlántico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxa a Chester (Inglaterra) para asistir á VIII Asemblea Xeral da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA).
EMPRESAS MUNICIPAIS
Constituídos os Consellos de Administración de Incolsa e Emuvissa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu no Pazo de Raxoi os primeiros consellos de administración das empresas municipais Incolsa e Emuvissa trala toma de posesión da nova corporación e en base aos nomeamentos aprobados no pleno do día 25 de xuño.
ALCALDÍA
Compostela foi escenario da entrega das 127 bandeiras azuis de Galicia
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de entrega das 127 bandeiras azuis con que foi premiada Galicia pola Fundación para a Educación Ambiental. 119 praias e 8 portos recibiron este distintivo, o que converte á nosa Comunidade Autónoma na máis premiada de España pola calidade das augas do seu litoral.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os gañadores da edición de primavera do Concurso de Escaparatismo recibiron as súas bandas
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, acompañado de representantes das asociacións comerciais, entregou as bandas que recoñecen aos gañadores da edición de primavera do IV Concurso Municipal de Escaparatismo.
ALCALDÍA
Encontro coa confraría Vera Cruz
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da confraría da Vera Cruz, Manuel Santos Rodríguez.
DEPORTES
A Praza do Obradoiro acolleu a inauguración da Compostela Cup do Camiño
O acto inaugural da fase final da Compostela Cup do Camiño contou como escenario co privilexiado marco da Praza do Obradoiro. Deporte e cultura uníronse así a través deste acto, que contou coa presenza do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña.
TRANSPORTES
Novos horarios de verán no servizo de transporte urbano
O 1 de xullo entrarán en vigor os horarios de verán no transporte urbano. Este ano mantense a liña de reducións de campañas anteriores, aínda que cunha menor intensidade, debido sobre todo ás últimas modificacións feitas no servizo.