SEGURIDADE CIDADÁ

Os delitos en Compostela diminuíron máis dun 3% en 2006

02/03/2007

A cidade de Santiago segue a mellorar os seus índices de delincuencia ano tras ano. En 2006 tamén se produciu unha diminución das cifras de delitos, neste caso dun 3,33%, pasando dos 1.323 delitos de 2005 aos 1.279 do pasado ano.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Ensanche presenta en concerto a The Two Halfs

02/03/2007

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche desenvolverá o sábado 3 de marzo dende as 21:00 ata as 23:00, en sesión de club, unha actuación musical de The Two Halfs, acompañado polas videocreacións de The Chemical Orange.

Ler máis

CASCO HISTÓRICO

Solución alternativa á plataforma da Costa Vella

02/03/2007

Despois de analizar o impacto visual da plataforma de formigón construída na Costa Vella, a carón da nova Biblioteca Pública, o arquitecto do proxecto, Andrés Perea, mostrou a súa disposición a buscar unha solución alternativa. Así llo manifestou ao alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e á concelleira de Urbanismo e Casco Histórico, Mercedes Rosón, nunha reunión mantida en Raxoi.

Ler máis

ALCALDÍA

O Polígono da Costa Vella segue a medrar

02/03/2007

Un dos solos industriais máis dinámicos de Compostela, o Polígono de Costa Vella, segue a incrementar a súa ocupación. Ás importantes empresas xa presentes alí únese Porcelanosa, que inaugurou a súa sede nun multitudinario acto.

Ler máis
Compartir: