ALCALDÍA

Inauguración da Avenida de Barcelona

07/12/2006

O luns 11 de decembro, as 13.00 horas, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurará a Avenida de Barcelona acompañado polo alcalde da cidade condal, Jordi Hereu i Boher, como mostra da unión e amizade entre as dúas cidades, irmandadas desde 1970. No acto descubrirase unha placa conmemorativa e plantarase unha árbore.

Ler máis

FACENDA

O Concello introduce melloras na xestión dos servizos de auga e saneamento

07/12/2006

O concelleiro de Facenda e Orzamentos, Xaquín Fernández Leiceaga, anunciou unha serie de cambios na xestión dos servizos de auga, saneamento e depuración do Concello de Santiago, dos que é concesionaria a empresa Aquagest. Estas modificacións permitirán ofrecer máis garantías aos usuarios e facilitar un maior control municipal destas taxas.

Ler máis

CULTURA

O Auditorio acolle a segunda edición do concerto solidario "Implícate"

07/12/2006

Artistas como Rosa Cedrón, Deluxe, Avalon, Isga Collective, Inquedanza, María Reimóndez, Chévere, Carlos Blanco, Emma Couceiro, Lucía Aldao, Rosa Aneiros, Álvarez Cáccamo ou Antía Otero daranse cita no Auditorio de Galicia o sábado 16, ás 20:00 horas , para participar no "Implícate! Noite de música e palabra solidaria", organizado por Implicadas no Desenvolvemento (IND) e co que colabora o Concello de Santiago. A gala será presentada por Yolanda Castaño e Paco Lodeiro.

Ler máis

FUNDACIÓN GRANELL

A Fundación Granell amosa o seu "Belén surrealista"

07/12/2006

A Fundación Granell, como xa ven facendo outros anos, presenta o seu novo "Belén surrealista", que se poderá visitar ata a primeira semana do mes de xaneiro no espazo de recepción do museo. Este Belén, está composto por diferentes figuras, que pertencen a colección étnica da Fundación, con pezas de Portugal, Porto Rico, Polonia, Canada, India ou España, entre outros países, ademais dunha estrela de lata que realizou o propio Eugenio Granell.

Ler máis
Compartir: