LIMPEZA
Urbaser estrea 34 novos vehículos
Os vehículos, que se presentaron o martes 13 na praza do Obradoiro, supuxeron un investimento de 7 millóns de euros.
CULTURA
Italia serve de inspiración para o VI Ciclo de Lied
Por sexto ano consecutivo, chega a Compostela o Ciclo de Lied, que baixo o título de "Un soño de Italia" traerá ao Teatro Principal algunhas das mellores pezas que este xénero musical inspirou en Italia, así como a inspiración que a poesía, a arte e as paisaxes italianas provocaron nos máis importantes autores do lied. Os abonos para os catro concerto deste ciclo, a un prezo de 15 euros, estarán á venda desde o 14 de setembro no Teatro Principal.
MULLER
As vítimas da violencia de xénero poderán solicitar un móbil no que as atenderán as 24 horas do día
Un servizo de teleasistencia móbil ao que vén de adherirse a Concellería da Muller, permitirá atender ás vítimas da violencia doméstica a través dun contacto permanente durante as 24 horas do día cun servizo de urxencias e con especialistas.
ALCALDÍA
O alcalde de Niterói visita o Concello
Sánchez Bugallo recibiu en Raxoi ao prefeito de Niterói, de visita na nosa cidade.