EDUCACIÓN

Unha exposición en homenaxe a Toulouse Lautrec achega a súa obra aos estudantes

16/11/2005

A colaboración entre a Fundación "La Caixa" e o Concello de Santiago, conxuntamente co Vicerrectorado de Extensión Cultural da Universidade, inicia as actividades deste curso 2005-2006, coa exposición "Deseñadores para un mito. Homenaxe a Toulouse-Lautrec", que estará no Pazo de Fonseca entre o 16 de novembro de 2005 e o 8 de xaneiro de 2006.

Ler máis

CULTURA

Unhas xornadas lembrarán a figura de Ánxel Casal

16/11/2005

Desde o mércores 16 e ata o venres 18 de novembro a Facultade de Xeografía e Historia acollerá mesas redondas, conferencias e comunicacións sobre Ánxel Casal, editor e galeguista compostelán asasinado polos franquistas cando era alcalde de Santiago.

Ler máis

CULTURA

El Concierto Español traerá a súa música barroca ao Auditorio

16/11/2005

O xoves 15 de novembro no Auditorio de Galicia, El Concierto Español, baixo a dirección de Emilio Moreno, interpretará música barroca no Auditorio de Galicia. As entradas xa están á venda, e o mesmo día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia poderanse mercar en horario de 12 a 14 e de 17 a 20 horas, ou ben nos teléfonos 981 571 026 e 981 573 979. O prezo é de 12 euros e de 6 para estudantes e xubilados.

Ler máis

TURISMO

Santiago convértese en destino ‘altamente recomendado’ para China

16/11/2005

Turismo de Santiago asinou un convenio coa organización China Business Network, dependente do Ministerio de Turismo Chino, que permitirá que a Cidade do Apóstolo sexa incluída na lista de ‘destinos autorizados’ e recomendada directamente a institucións, empresas de viaxes de negocios e turoperadores nese país.

Ler máis
Compartir: