DEPORTE
Aberta a inscrición para a segunda edición da carreira nocturna "SantYaGo 10K"
A concelleira de Deportes, Noa Morales, presentou esta mañá a segunda edición da carreira nocturna SantYaGo 10K que se celebrará o próximo 21 de maio ás 22:30 horas. Na rolda estivo acompañada do presidente do Club de Atletismo Fontes do Sar, José Antonio Juanatey; do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e da madriña da proba deste ano, a xornalista Ana Pérez.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde e o concelleiro de Educación informaron aos directores dos CEIPs de Compostela do plan de actuacións nos centros
O alcalde de Santiago presidiu esta mañá unha reunión cos directores dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Compostela, na que tamén participou o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios. A xuntanza, celebrada no edificio Cersia, tiña como obxectivo analizar o Plan de Obras nos CEIPs e informar de cuestións estruturais que o Concello ten abordado coa Xefatura Territorial de Educación.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde e da concelleira de Desenvolvemento Eocnómico cos representantes da IXP Ternera Gallega
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, reuníronse co presidente e co secretario executivo da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, Jesús González Vázquez e José Gómez Viaño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellaría de Acción Cultural inicia os itinerarios literarios "Lugares con xenio"
Este martes, 12 de abril, inícianse as rutas literarias Lugares con xenio, promovidas polas bibliotecas dos centros socioculturais (Concellaría de Acción Cultural). Estes itinerarios culturais serán conducidos polo editor Henrique Alvarellos.
TURISMO
As cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse esta fin de semana en Portugal na feira Mundo Abreu de Lisboa
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade está presente durante a fin de semana na feira de turismo Mundo Abreu, unha das principais feiras do sector en Portugal, que se desenvolve no recinto da Feira Internacional de Lisboa o 9 e 10 de abril.
LINGUA
O Apego reúne xa 23 concellos galegos
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e persoal técnico de 23 concellos asistiron esta mañá no Centro Ágora (A Coruña) á sinatura da addenda ao programa Apego que incorpora novas entidades municipais. Entre os rexedores presentes estivo o compostelán, Martiño Noriega.
DEPORTE
Santiago de Compostela acolle unha edición máis dos xogos Special Olympics
A concelleira de Deporte, Noa Morales, inaugurou a XXI edición dos Xogos Minoritarios "Special Olympics", organizados por Special Olympics Galicia e ASPAS e que se celebran durante este sábado no Multiúsos Fontes do Sar.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno autoriza o reinicio das obras pendentes da 1º fase en Vista Alegre
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste venres, autorizou o reinicio das obras da fase 1 suspendidas no seu día no barrio de Vista Alegre. Tamén se procedeu á prórroga por un ano máis dos servizos de recollida do lixo, da conservación e mantemento do cemiterio de Boisaca e da xestión da Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños.
POLÍTICAS SOCIAIS
Máis de 370 deportistas participarán na XXI edición dos xogos "Special Olympics"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou xunto ao presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e un representante de ASPAS, a 21ª edición dos Xogos Minoritarios "Special Olympics" que organizan ambas entidades. Celebrarase este sábado, 9 de abril, no Multiúsos Fontes do Sar.
DEPORTE
O III Torneo Viravolta Santiago reunirá máis de 400 ximnastas de toda Galicia
Mañá sábado, 9 de abril, o Pavillón Municipal de Santa Isabel acollerá o III Torneo Viravolta Santiago de ximnasia rítmica, no que participarán máis de 400 ximnastas de toda Galicia.