TURISMO

Santiago é a segunda cidade con maior crecemento turístico en España

09/01/2008

O último informe da Alianza para la Excelencia Turística, Exceltur, sitúa á capital galega como o segundo destino urbano español en crecemento turístico no terceiro trimestre do 2007, só por detrás de Valencia. As pernoctacións hoteleiras dese período en Santiago de Compostela medraron un 15,4% sobre o 2006, a só 4 décimas da capital do Turia.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello negocia coa Igrexa a construción dunha capela en Meixonfrío

09/01/2008

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o mércores 9 a representantes da Asociación Veciñal Casa Agraria, de Meixonfrío. No encontro, ao que tamén asistiu o concelleiro de Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama, informaron aos veciños das negociacións coa Igrexa para a sinatura dun convenio que permita a constitución dunha parroquia en Meixonfrío e a construción dunha igrexa, como os veciños demandaron.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela aspira a lograr en dous anos 8.400 afiliados máis á Seguridade Social

08/01/2008

Incrementar a afiliación á Seguridade Social en máis de 8.400 persoas, ata lograr os 67.200 afiliados cara 2009 é o obxectivo das políticas de emprego que a Consellería de Traballo aplicará en Santiago. Así o anunciou o seu titular, Ricardo Varela, na visita oficial que realizou ao Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Ler máis

CULTURA

A literatura europea, en galego e baixo o nome de Compostela

08/01/2008

Publícanse tres novos títulos da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección nada da colaboración entre a Concellaría de Cultura e a Editorial Galaxia. Deste xeito chégase aos nove títulos, que inclúen, entre as novidades recentemente chegadas ás librarías, a primeira novela do Premio Nobel 2006 Orhan Pamuk, as novas novelas de Andrea Camilleri e Bernhard Schlink e a segunda edición de Xuntos e máis nada, coa que Anna Gavalda obtivo o Premio Novela Europea do Casino de Santiago en 2005.

Ler máis

CULTURA

"Camiño a Guantánamo" inaugura o ciclo Cinema e Dereitos Humanos

04/01/2008

Un ano máis, chega en xaneiro o Ciclo Cinema e Dereitos Humanos ao Teatro Principal. Celebrarase do 7 ao 11, ambos incluídos, en dous pases ás 20:15 e ás 22:15 horas, organizado pola Concellaría de Cultura. O filme que inaugura o ciclo é Camiño a Guantánamo, de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, premiado co Oso de Prata do Festival de Berlín no 2006.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo prevé un 2008 de "restricións" polo descenso dos ingresos por ventas patrimoniais

04/01/2008

Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que o Goberno municipal segue a traballar na elaboración dos orzamentos municipais para 2008. Neste sentido, anticipou que "o 2008 será un ano de restricións" para uns orzamentos que deben "encaixar un escenario económico máis complexo que nos últimos anos".

Ler máis
Compartir: