ALCALDÍA

A Universidade de Arquitectura de Hanoi (Vietnam) interésase polo modelo de transformación urbana de Santiago

17/04/2008

O reitor da Universidade de Arquitectura de Hanoi (Vietnam), Tran Trong Hanh, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. No encontro, falaron sobre o modelo de transformación urbana de Santiago como un exemplo a estudar nos procesos de cambio que están vivindo as cidades vietnamitas a causa das migracións masivas procedentes do campo.

Ler máis

CULTURA

Catro novos programas de música, cine e animación á lectura enriquecen a programación cultural da cidade

17/04/2008

A Concellaría de Cultura e a Consellería de Cultura deseñaron unha oferta cultural conxunta que inclúe música clásica actual, cinema e actividades de animación á lectura. En total, a cidade acollerá 12 concertos de música folk, fusión e canción de autor, 9 concertos de música antiga vocal e contemporánea, 40 proxeccións de documentais galegos e 60 actividades literarias.

Ler máis

ALCALDÍA

O presidente da Xunta respalda a participación de Santiago na Expo Shanghai 2010

17/04/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi recibido este mediodía en San Caetano polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, co que falou da participación de Santiago na Expo 2010 de Shanghai (China). O xefe do Executivo autonómico manifestoulle o seu total apoio a este proxecto, que máis alá do propia cidade, representará a Galicia nun evento internacional de gran magnitude.

Ler máis

CULTURA

Expóñense no Auditorio os debuxos feitos polos rapaces nos talleres da "Historieta Galega 1973-2008"

16/04/2008

Dentro do programa de actividades desenvolvidas con motivo da mostra A Historieta Galega, os debuxantes Norberto Fernández, Jacobo Fernández, Fran Bueno e Pepe Carreiro impartiron os seus talleres nos que introduciron e mostraron aos pequenos as técnicas para facer historietas. O resultado destes talleres, que tiveron un gran éxito de público, pode verse nos debuxos que agora se expoñen no Punto de lectura da sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela únese ao programa Thao para a prevención da obesidade infantil

16/04/2008

Thao-Salud Infantil é un programa de prevención da obesidade infantil que se realiza a nivel municipal, con accións continuadas durante catro anos. Santiago decidiu unirse ao mesmo. Sobre este tema falaron en Raxoi o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o catedrático de Pediatría Rafael Tojo.

Ler máis
Compartir: