URBANISMO
Aprobada inicialmente a modificación do Plan Especial de Peleteiro
A Xunta de Goberno local deu o visto bo á modificación do Plan especial do equipamento docente D-19, en Monte Redondo (Montouto), onde se construirán as novas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro. Os cambios non son substanciais, non afectan á ordenación e unicamente permiten pequenos axustes nas áreas de movemento dos módulos e na asignación de usos pormenorizados para os mesmos.
TURISMO
Compostela e Xerusalén recuperan os lazos que as unen dende hai séculos
A delegación galega que entre os días 5 e 8 de decembro visitou Terra Santa fixo balance da viaxe nunha rolda de prensa conxunta. O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, que participou nesta expedición, resaltou os resultados satisfactorios da mesma.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Obras complementarias na Casa das Asociacións
Tal como anunciara o alcalde na súa recente visita ás obras da Casa das Asociacións, esta será sometida a algunhas actuacións complementarias. Así, a Xunta de Goberno adxudicou a redacción do proxecto modificado da devandita rehabilitación da antiga estación, por importe de 1.900 euros.
EDUCACIÓN
Educación subvenciona con 48.400 euros as actividades de 47 entidades
A Concellaría de Educación acordou a lista das 47 entidades beneficiarias de subvencións para o fomento de actividades educativas e culturais.
DEPORTES
Fariña apunta como prioridade municipal o acondicionamento para probas de atletismo do estadio de San Lázaro
A Fundación Compostela Deporte presentou o atletismo como nova modalidade deportiva da Compostela Cup do Camiño 2008, que se engadirá como competición oficial ás xa existentes no torneo: de fútbol, baloncesto, fútbol sala e balonmán. Neste acto, o vicepresidente da Fundación e concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, indicou que é prioridade municipal acondicionar as instalacións de San Lázaro para o desenvolvemento de probas atléticas.
FESTAS
Compostela, vestida de Nadal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o alumeado de Nadal, que permanecerá aceso ata o 7 de xaneiro. Na compañía dalgúns membros da Corporación e partindo da praza do Obradoiro, realizou un percorrido por algunhas das iluminadas rúas da cidade.
CULTURA
"Closer" reanuda o calendario cultural de decembro
Rematado Cineuropa e o ciclo Sons da Diversidade, dúas funcións dunha das obras teatrais de máis éxito en España, Closer, abren o programa cultural de decembro en Compostela. Cine, teatro, música e actividades de Nadal completan a proposta para este mes.
FESTAS
Todo listo para encender o alumeado de Nadal
O alcalde compostelán inaugurará o sábado 8 de decembro o alumeado de Nadal, que permanecerá aceso ata 7 de xaneiro, en horario de 18.00 a 2.00 horas, agás o 24, 25 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro, que se prolongará ata o mencer. Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado dalgúns membros da Corporación, percorrerá a continuación algunhas das iluminadas rúas e prazas da cidade.
TURISMO
Continúan as actividades en torno ao polbo en "Santiago de Compostela. Repetirás"
O sábado 8 e o domingo 9 de decembro, os afeccionados ao polbo teñen unha nova posibilidade de aprender a cociñalo con "Santiago de Compostela. Repetirás". Tras o éxito acadado nos obradoiros da semana anterior, con máis de 40 asistentes, o sábado día 8 de decembro será Zulema García quen realice en directo as súas especialidades, explicando o proceso seguido, de xeito que cada asistente poda repetir a experiencia na súa propia cociña. Este obradoiro impártese na Galería...
ALCALDÍA
Un centenar de cidadáns acompaña á Corporación Municipal na concentración de repulsa ao terrorismo
Uns cen cidadáns uníronse á concentración silenciosa convocada pola Corporación Municipal do Concello de Santiago en repulsa polo último atentado perpetrado pola banda terrorista ETA no sur de Francia.