SEGURIDADE

A vixilancia nocturna verase reforzada os xoves, venres e sábados

14/09/2006

O encontro que mantiveron o alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo e o novo comisario xefe da Policía Nacional de Santiago, José Luis Fernández, serviu para poñer de manifesto que a colaboración entre o Concello e o Ministerio de Interior, entre a Policía Local e a Nacional, segue a producir bos resultados para Compostela e os seus habitantes.

Ler máis

CONSORCIO

Compostela amosa a obra do arquitecto galego Alejandro de la Sota

14/09/2006

A exposición "Alejandro de la Sota: proxectos e maquetas", promovida polo Consorcio de Santiago, pode verse a partir do venres 15 e ata o 11 de outubro no centro A Chocolatería. Ocasión para contemplar a obra dun arquitecto galego "de gran recoñecemento no Estado e que desenvolveu o seu labor en tempos moi pouco proclives", segundo indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, na presentación da mostra.

Ler máis

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Unha campaña promoverá a transmisión da lingua galega aos nenos e nenas

14/09/2006

A Concellaría de Política Lingüística colaborará coa Deputación da Coruña na posta en marcha de dúas campañas, unha de promoción da transmisión interxeracional da lingua galega e outra de difusión das boas prácticas lingüísticas na Administración local. Estas iniciativas son froito dun convenio asinado entre ámbalas institucións e supoñen un investimento de 56.800 euros.

Ler máis

TRANSPORTES

Os composteláns poderán viaxar gratis en autobús urbano no Día sen coches

13/09/2006

O venres 22 de setembro, aqueles composteláns que o desexen poderán utilizar gratis o servizo de autobuses urbanos e unirse así á celebración do Día sen coches. Así o anunciou o concelleiro de Transportes, Xaquín Fernández Leiceaga, quen indicou que esta iniciativa pretende "captar novos usuarios dos autobuses urbano" e servir de apoio á esta xornada de concienciación medioambiental.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Un proxecto de soporte tecnolóxico para congresos e unha ludoteca gañan o Concurso de novas ideas empresariais

13/09/2006

A empresa Arrendamientos Tecnológicos y Servicios, dedicada ao soporte tecnolóxico para eventos e congresos, e a ludoteca Gazafello foron os proxectos gañadores do Concurso de novas ideas empresariais, dentro do programa Compostela Activa. En total presentáronse ao certame dezasete proxectos empresariais, que no momento de presentar a súa solicitude non podían ter iniciada a actividade. Estas iniciativas estaban distribuídas entre as dúas categorías establecidas: edición xeral e novas ideas empresariais promovidas por...

Ler máis
Compartir: