ALCALDÍA
Galicia, vista a través do gravado antigo
O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición "Galicia no gravado antigo". Esta colección poderá verse no Colexio de Fonseca entre ata o 2 de decembro.
TURISMO
O programa "Vivir Compostela" alcanza as 4.000 reservas
A campaña "Vivir Compostela", lanzada por Turismo de Santiago para dar a coñecer aos cidadáns as infraestruturas e recursos turísticos da cidade, segue atopando unha resposta masiva entre os composteláns, que xa esgotaron as prazas en 10 das 20 actividades gratuítas ofertadas. O programa de sensibilización turística contabilizaba o venres 19 un total de 3.980 reservas.
CONSORCIO
O Consorcio reaxusta a súa programación plurianual para construír o Museo de Historia Natural
O presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo presidiu a reunión do Consello de Administración do organismo interadministrativo, na que se autorizou un reaxuste da programación plurianual do Consorcio para facer fronte a un orzamento de tres millóns de euros para a construción do edificio que albergará o Museo de Historia Natural nun dos ámbitos máis emblemáticos da cidade, a finca de Vista Alegre, onde se atopan o Centro de Estudios Avanzados, a Casa de Europa, a Escola de Altos Estudos Musicais e a...
EDUCACIÓN
O conto musical "Celestino Tarambainas" abre o programa de concertos didácticos
Como cada curso escolar o Departamento de Educación pon en marcha o Programa de música para escolares de centros de ensino do Concello de Santiago. O venres 19 de outubro, ás 10:30 horas, celebrarase no Teatro Principal a primeira das actuacións. O quinteto de vento Pentafonía interpretará o conto musical Celestino Tarambainas.
DEPORTES
Cita para percorrer a cidade en bicicleta
O domingo 21 de outubro celebrarase unha nova edición do Día da Bicicleta. Esta actividade tivo que suspenderse o día 30 de setembro debido ás malas condicións climatolóxicas.
TURISMO
O II Mercado Internacional de Curtametraxes exhibirá un catálogo de 2.883 curtas ante profesionais de todo o mundo
O II Mercado Internacional de Curtametraxes foi inaugurado polo concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, acompañado polo director do Festival, Tim Redford, e pola subdirectora xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior, Manuela Fraguelas, na Fundación Torrente Ballester.
ALCALDÍA
O alcalde avalía a Cidade da Cultura de Asturias como referente creativo
O rexedor compostelán percorreu os diferentes espazos comprendidos dentro da LABoral Centro de Arte e Creación Industrial de Gijón e tamén tivo a oportunidade de ver o resultado das obras do teatro que se inaugura o venres 19.
BENESTAR SOCIAL
Máis de 2.200 escolares formaranse en prevención de dogrodependencias nunha nova edición de "Cinensino"
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, inaugurou a XIII edición do Programa de prevención da drogodependencia Cinensino. 300 alumnos do IES Rosalía de Castro, do CPR Santa Apolonia e do IES de Sar foron os primeiros en participar nas actividades, dos 2.250 previstos en total.
CONSORCIO
Santiago acolle unha mostra sobre "Galicia no gravado antigo"
O Consorcio de Santiago, en colaboración coa Universidade e coa Fundación Caixa Galicia, amosa no Colexio de Fonseca a que é quizais a mellor colección privada de gravados que hai sobre Galicia. Trátase de 270 gravados seleccionados dun total de máis de 800 do século XIX, dos que unha parte moi importante corresponden á cidade de Santiago de Compostela.
CULTURA
Vinte e cinco compañías exhibirán os seus espectáculos teatrais e coreográficos en Compostela
A XV Feira Galega das Artes Escénicas traerá a diversos escenarios de Compostela os espectáculos teatrais e coreográficos de 24 compañías galegas e catro procedentes de países lusófonos. Será do 23 ao 27 de outubro.