CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural da Trisca celebra o seu décimo aniversario cun completo programa de actividades
O venres 26 de abril cumpriranse 10 anos dende a inauguración e posta en marcha do Centro Sociocultural da Trisca, emblemático e moderno edificio deseñado polos arquitectos Jonh Hejduk, Antonio Sanmartín e Elena Cánovas. Para celebralo, a Concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coas entidades do barrio, preparou un completo programa de actividades do 24 ao 27 de abril.
CULTURA
Budiño presenta o seu novo traballo, "Sotaque", en Sons’13
O ciclo Sons’13 trae de novo a Compostela a Budiño, que actuará o xoves 25, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. O prezo das entradas é 10 € (anticipada) e 12 € (billeteira), e pódense mercar na billeteira do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es e no 902 434 443.
DEPORTES
Trinta mulleres aprenderán técnicas de defensa persoal nun curso no Restollal
O pavillón do Restollal acolle a segunda edición do Curso de Defensa Persoal Feminina organizado polo Compostela Judo Club coa colaboración do Concello de Santiago. As sesións desenvolveranse os venres, de 21:00 a 22:00 horas, ao longo do vindeiro mes e medio. Aínda quedan prazas neste curso, no que participarán unhas 30 mulleres, a maioría con idades comprendidas entre os 20 e os 35 anos.
IGUALDADE
Máis de 600 escolares traballan en torno á igualdade en doce obradoiros
A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu no CEIP Apóstolo Santiago ao comezo dos obradoiros Creando en Igualdade, que realiza o alumnado de 5º e 6º de primaria. Estas sesións enmárcanse no III Plan de Igualdade.
ECONOMÍA
Área Central acolle a terceira edición de Getting Contacts! en Santiago
A concelleira de Economía, Reyes Leis; o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada; e a responsable da nova asociación empresarial AJE Santiago, Carmen López, presentaron a terceira edición en Santiago de Getting Contacts!, organizada polo Concello dentro do programa Santiago Investors Support, coa colaboración de AJE Santiago e Área Central, e que se celebrará o 30 de maio en Área Central a partir das 9:30 horas.
FACENDA
Cecilia Sierra reitera que o endebedamento do Concello é de 60,5 millóns de euros
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, reiterou que o endebedamento do Concello, tal como se indica no informe da liquidación do orzamento de 2012, alcanzou o mínimo "histórico" dos 60,5 millóns de euros. A este respecto, a edil explicou que hai unha "diferencia de criterio" na información publicada polo Ministerio de Facenda que cifra esta débeda en 63,8 millóns de euros.
BENESTAR SOCIAL
Segunda sesión dos obradoiros de informática do Urbana Santiago Norte
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte realizou o segundo obradoiro de iniciación á Informática no Centro Comunitario Xoán XXIII. Neste obradoiro, que pertence ao programa Competencia Social e Crecemento Persoal, as persoas participantes son preparados nos conceptos básicos da informática para poder navegar por Internet.
ALCALDÍA
Touroperadores xaponeses amosan o seu interese en potenciar as relacións turísticas con Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Curras, recibiu en Raxoi un grupo de turoperadores xaponeses, interesados en potenciar a relación turística entre o mercado nipón e Santiago.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Cultura Viva. Fai túa Compostela" programa 18 novas rutas de abril a xuño
O concelleiro de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou as novas rutas didácticas para o período de abril a xuño de 2013 do proxecto educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela. Esta é a continuación da segunda edición deste programa, que se iniciou en febreiro coas primeiras 17 rutas. Con estas últimas rutas, terán participado no programa máis de 1.000 persoas.
TURISMO
Ángel Currás recibe os participantes noruegueses e italianos no "educational tour" do Proxecto Certo
O alcalde, Ángel Curras, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron no Pazo de Raxoi os participantes no "educational tour" do Proxecto Certo, financiado pola Unión Europea, no que participan profesores e touroperadores procedentes de Noruega e Italia.