ALCALDÍA

O alcalde de Santo Domingo foi recibido en Raxoi

20/10/2006

A Casa do Concello foi escenario do encontro que mantiveron os rexedores de Santiago e Santo Domingo de Guzmán, capital da República Dominicana. Xosé A. Sánchez Bugallo departiu co seu homónimo, Roberto Salcedo Gavilán, por espazo de media hora e trataron temas que incumben a ámbalas dúas urbes, que teñen en común ser cidades Patrimonio da Humanidade declaradas pola UNESCO.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os establecementos comerciais e hostaleiros de Compostela teñen unha clientela potencial de case 340.000 persoas

20/10/2006

Converter a Santiago na central de compras de Galicia e do norte de Portugal é o obxectivo do Plan de Excelencia Comercial, que vén de presentar a Concellaría de Promoción Económica. Este programa vén acompañado dun estudo de diagnose, que indica que en Santiago hai 3.922 establecementos comerciais e hostaleiros, teñen unha clientela potencial de 339.966 persoas.

Ler máis

ALCALDÍA

O reitor da USC agradece o labor do alcalde nos seus dous anos á fronte do CEER

20/10/2006

No salón de graos da Facultade de Económicas, o alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, cedeu a presidencia do Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER) ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro. Este agradeceulle a Sánchez Bugallo a posta en marcha do organismo e o labor feito nos dous anos que estivo á fronte.

Ler máis

FACENDA

Actualízanse as ordenanzas fiscais para 2007

19/10/2006

O concelleiro de Facenda, Xaquín Fernández Leiceaga presentou o proxecto de Ordenanzas Fiscais para o ano 2007, que presenta poucas novidades significativas. Na maior parte das ordenanzas unicamente se produciu a súa actualización, en función da subida do Índice de Prezos ao Consumo (IPC), fixada nun 2,9%.

Ler máis

EDUCACIÓN E MOCIDADE

Educación e Mocidade presenta o seu programa de actividades para o curso

19/10/2006

Como cada ano, a Concellería de Educación e Mocidade presentou os seus programas e recursos para o curso 2006-2007. Aparecen recollidos nunha publicación, que recompila todas as actividades que este Departamento, ben dun xeito directo ou a través doutras entidades, pon a disposición da comunidade educativa.

Ler máis

CULTURA

Un festival solidario convida a tomar conciencia sobre os trastornos alimenticios

19/10/2006

Chamar a atención sobre as causas e os efectos das enfermidades motivadas polos trastornos alimenticios é o obxectivo do Festival Solidario que o venres 20, ás 20:30 horas, se celebra na Sala Mozart Auditorio de Galicia. Con esta gala, a Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (Abagal) quere convidar á sociedade a tomar conciencia sobre un problema que está de plena actualidade e que afecta sobre todo aos máis novos.

Ler máis

EDUCACIÓN E MOCIDADE

O Servizo Local do Programa Xuventude permitiu acoller en Compostela a 48 voluntarios europeos

19/10/2006

O Programa Europeo Xuventude permite aos xóvenes do continente acceder ás posibilidades que ofrece Europa para o fomento dos intercambios, a través da ecuación intercultural e da aprendizaxe das linguas. Desta iniciativa de voluntariado ocúpase en Compostela un Servizo Local, conveniado entre a Escola de Tempo Libre Don Bosco e a Concellaría de Educación e Mocidade. Ata a actualidade este servizo permitiu chegar a Compostela a 48 mozos de diversos países europeos e a saída de 38 composteláns.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Novos cursos de formación para titulados universitarios

19/10/2006

A Concellaría de Promoción Económica e Emprego pon en marcha unha serie de cursos de formación dirixidos a titulados universitarios, organizados en colaboración coa Universidade de Santiago e a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo.

Ler máis
Compartir: