NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Santiago participará con outros oito concellos nunha nova convocatoria do Club de Debate
Por cuarto ano consecutivo, varios concellos galegos –entre eles o de Santiago de Compostela- a través dos seus servizos de normalización lingüística,poñen o marcha o Club de Debate, un programa co que se incentiva e valora o falar en público, a oratoria, o uso do galego oral ou o pensamento crítico. Os representantes dos concellos que fan posible este programa de dinamización lingüística asinaron en Carballo a addenda ao protocolo de colaboración co que se organiza este proxecto dende o curso 2011-2012.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello acondiciona a praza a carón da igrexa de San Andrés de Barciela
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o edil de apoio desta área, Luis Meijide, visitaron as obras de acondicionamento da praza pública anexa á igrexa de San Andrés de Barciela. Nesta actuación investíronse 15.602 euros.
CULTURA
Triple concerto de músicos galegos para inaugurar o ciclo Blues Nite by 1906 en 2015
O Blues Nite by 1906 arranca neste 2015 cunha tripla proposta de blues feito en Galicia. Tres músicos experimentados como Víctor Aneiros, Pardo e Piti Sanz presentan os seus novos proxectos nunha noite especial de blues.
EMPREGO
A Axencia Local de Colocación conta xa con 27.000 usuarios e mediou na cobertura de máis de 600 postos de traballo en tres anos
A Axencia Local de Colocación cumpriu o seu terceiro ano (dende xuño de 2012) procurando facilitar os procesos de inserción laboral mediante actividades de prospección, xestión de ofertas, orientación laboral e formación. Neste período, déronse de alta na Axencia 27.000 usuarios e 432 empresas que publicaron as súas ofertas a través da mesma.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a "actitude modélica" dos catro clubs composteláns premiados cos Trofeos á Deportividade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto co presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, presidiu no salón nobre de Raxoi o acto de entrega dos Trofeos á Deportividade, organizados pola delegación compostelá da Federación e o Concello de Santiago.
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello incrementa nun 32% a achega a Cáritas, que alcanza os 140.000 euros en 2015
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, participou no acto de entrega de diplomas acreditativos de accións formativas promovidas por Cáritas Interparroquial de Santiago dentro do II Plan Galego de Inclusión Social e do Proxecto Integra-Rocha, dos que se beneficiaron 73 persoas de colectivos de difícil inserción.. O Concello vén colaborando activamente con esta entidade social e para 2015 incrementou nun 32% a partida destinada á mesma nos orzamentos municipais, pasando dos 106.000 aos 140.000 euros.
CULTURA
O ciclo Sons’15 propón dez novos concertos para os meses de xaneiro a marzo
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do ciclo Sons’15 para os meses de xaneiro a marzo, cun total de 10 propostas. Fíxoo acompañado de membros de Pandeiromus e A Roda, que son os dous primeiros grupos que ofrecerán a súa música no ciclo, neste mes de xaneiro. A Roda contará ademais no seu concerto cunha artista convidada: Najla Shami.
ALCALDÍA
María Antón asistiu á audiencia que Felipe VI concedeu ao Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
A Súa Maxestade o Rei Felipe VI recibiu aos representantes municipais das 15 cidades que forman o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A segunda tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, asistiu a esta audiencia co monarca.
TURISMO
Entregados os premios do Santiago(é)Tapas
Celebrouse no Hostal dos Reis Católicos a gala de entrega de premios do VII Santiago(é)Tapas, celebrado do 14 ao 30 de novembro. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu ao evento.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Comezaron as restricións ao tráfico no periférico con motivo da execución da fase 1 das obras do enlace de Conxo
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, supervisou o inicio das restricións de tráfico con motivo das obras do paso inferior de Conxo. Redúcese o número de carrís a 2 a 1 na calzada sentido Pontevedra, na contorna da glorieta de Conxo, e prohibirase o xiro á esquerda na rotonda ao tráfico sentido Pontevedra, así como o acceso dende a rúa Sánchez Freire e avenida de Ferrol á glorieta. Prégase aos vehículos que circulen pola SC-20 (periférico) en sentido...