CIDADE HISTÓRICA

A urbanización de Caramoniña unirá San Domingos de Bonaval coa extensión da cidade cara o norte

21/01/2008

O proxecto de urbanización da unidade de execución 4 (Caramoniña) do Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica recibiu o visto bo definitivo do Goberno local. A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García Conde, explicou esta actuación, que permitirá conectar funcional e esteticamente o parque de San Domingos de Bonaval e a extensión da cidade cara o norte a través da Almáciga.

Ler máis

FESTAS

O Antroido de Compostela contará cun orzamento de case 119.000 euros

21/01/2008

As actividades previstas para o Antroido 2008, organizadas pola Concellaría de Festas, contarán cun orzamento de 118.914 euros. Nesta cantidade inclúese o pregón, o desfile do martes de Antroido, os bailes infantil e de adultos, a queima do Meco e diversas actividades nas rúas e prazas entre o 2 e o 6 de febreiro.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO SUSTENTÁBEL

Esgotadas as prazas para os Cursos de Condución Eficiente

21/01/2008

Os condutores composteláns responderon con prontitude á convocatoria dos Cursos de Condución Eficiente e xa esgotaron as prazas dispoñibles. Estas sesións impartiranse do 11 ao 13 de febreiro e teñen como obxectivo buscar un uso máis racional do vehículo e ofrecer un novo estilo de condución.

Ler máis

TURISMO

Máis de 45 persoas aprenden a cociñar marisco con "Santiago de Compostela. Repetirás"

21/01/2008

Tras a paréntese do Nadal, a Galería Sargadelos encheuse de novo de afeccionados á gastronomía, que puideron aprender diferentes e novidosos xeitos de cociñar marisco. Os chefs Juan Crujeiras e Antonio Alján amosaron o seu arte ante os fogóns explicando diversos xeitos de cociñar ameixas. Os máis de 45 asistentes gozaron ao finalizar o obradoiro da degustación do resultado.

Ler máis

MOCIDADE

Esther Taboada fotografía en "Invisíbeis" a cara máis incómoda de Barcelona

19/01/2008

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16) acollerá ata o 29 de febreiro a exposición Invisíbeis, da fotógrafa e xornalista Esther Taboada. Inaugurada polo concelleiro de Mocidade, Xosé Baqueiro, o venres 18, a mostra recibiu tamén a visita do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Ler máis

ALCALDÍA

Listo o proxecto técnico do terceiro carril do Periférico

18/01/2008

O Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento xa ten listo o proxecto do que será o terceiro carril do Periférico. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen se felicitou porque tamén saia adiante o cuarta das infraestruturas previstas no convenio asinado con Fomento en 2005.

Ler máis

CENSO

Ábrese o prazo para consultar as listas do censo

18/01/2008

As listas do censo estarán expostas ao público dende o día 21 ao 28 de xaneiro. Os cidadáns deben consultar a súa situación no censo electoral, especialmente as persoas que cambiaron de domicilio e os que cumpriron 18 anos.

Ler máis
Compartir: