FESTAS
Un "picheleiro de pro" abrirá as Festas do Apóstolo máis abertas á cidadanía
Os concelleiros María Castelao e Adrián Varela presentaron o programa definitivo das Festas do Apóstolo. Estiveron acompañados por Alfonso González Puentes, un compostelán que será nesta edición o encargado de pronunciar o pregón na praza do Obradoiro.
CONSORCIO
Últimos días para visitar "Domus Iacobi"
Máis de 22.000 persoas xa entraron no Colexio de Fonseca dende o mes de abril para admirar a exposición Domus Iacobi, cando quedan cinco días para o seu peche. A mostra concentra unha selección de pezas representativas das diferentes fases construtivas da Catedral, dende a primitiva basílica prerrománica ata os nosos días, facendo especial fincapé na asombrosa obra da Catedral románica, consagrada agora hai 800 anos. Ademais, o Consorcio de Santiago e o Cabildo catedralicio publicaron un catálogo da...
PLENO
O Pleno designa os representantes en empresas municipais e comisións
Nunha sesión extraordinaria, o Pleno da Corporación aprobou a designación dos representantes municipais nas sociedades municipais e tamén nas comisións e organismos de participación municipal.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno ratifica o convenio para o financiamento do estatuto da capitalidade
Tras a súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia, o convenio para financiar o estatuto da capitalidade de Santiago foi ratificado pola Xunta de Goberno Local. En virtude do mesmo, o Concello recibirá 2,7 millóns de euros neste exercicio 2011.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde co presidente do Consello Social da Universidade
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi o presidente do Consello Social da Universidade, Manuel Puga Pereiro.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o titular da Xunta e o presidente nacional do Partido Popular
O alcalde compostelan, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy.
CONSORCIO
Vinte e catro canteiros amosaron a súa pericia na talla dunha lousa de granito
No marco das iniciativas encamiñadas á difusión e revalorización dos oficios relacionados coa rehabilitación, o Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral de la Construcción convocaron o III Concurso Canteiros no Obradoiro, que tivo na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, enmarcado na programación do 800 Aniversario da Catedral de Santiago de Compostela.
CONSORCIO
Os Fogos do Apóstolo incorporarán as últimas tecnoloxías de realidade virtual
Presentáronse na sede do Consorcio de Santiago os Fogos do Apóstolo 2011, que este ano realizará a empresa GPD (General de Producciones y Diseño). O evento inclúe o espectáculo de luz, son e pirotecnia da noite do 24 de xullo dende a praza do Obradoiro, cunha duración de 30 minutos, un resumo deste para as noites do 25 ao 30 de xullo e un castelo de fogos de artificio para a noite do 31 de xullo, que se ubicará na Alameda.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal establece un maior control orzamentario e de gasto no Concello
A Xunta de Goberno local aprobou en sesión urxente medidas para un control máis exhaustivo do orzamento e do gasto no Concello. Así o explicou a súa voceira, Paula Prado, indicando que "cada gasto será autorizado e fiscalizado polos servizos económicos".
ALCALDÍA
O alcalde repasou co delegado do Goberno as actuacións pendentes do Estado en Santiago
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi co delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo. No encontro analizaron o estado das actuacións que o Estado ten en marcha ou en proxecto para Santiago e tamén cuestións relativas á seguridade das vindeiras Festas do Apóstolo.