MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
Comezan as obras de Escarabuña e Pedreira correspondentes ao POS do exercicio 2015
O concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, deu conta esta mañá do comezo dos traballos na Escarabuña e Pedreira, proxectos contemplados no Plan de Obras e Servizos (POS 2015) da Deputación da Coruña.
ACCIÓN CULTURAL
O ciclo TerraZeando presenta este mércores a banda madrileña Remate
A banda madrileña Remate ofrece o seu surrealismo cínico e socarrón na nova cita de TerraZeando, o ciclo de concertos para gozar do serán en Compostela. A cita é este mércores 10 de agosto, ás 21:00 horas, no Bar O Sendeiro, con entrada de balde ata completa aforo. Este ciclo de concertos conta co apoio do Concello de Santiago.
MEDIO RURAL
O Concello actuará en varios puntos do rural grazas á cuarta fase do Plan de Acción Social
O concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, deu conta hoxe de varias actuacións que se acometerán nos vindeiros meses en diversas parroquias de Santiago e que foron aprobadas en Xunta de Goberno o pasado 5 de agosto. En total investiranse máis de 200.000 euros.
ALCALDÍA
Martiño Noriega reitera a necesidade de manter os vencellos da colectividade galega no exterior coas súas raíces
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, recibiron unha delegación do Centro Galicia de Bos Aires e do Instituto Argentino-Gallego "Santiago Apóstolo". Esta visita institucional devolvía a realizada polo rexedor municipal en abril á capital arxentina con motivo da presenza de Santiago como cidade convidada na Feira do Libro de Bos Aires.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello iniciará o acondicionamento do edificio que albergará a Casa das Mulleres
A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á aprobación do proxecto básico e de execución de acondicionamento do antigo local de Emuvissa que albergará a Casa das Mulleres.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en Música en Compostela cun novo concerto este venres no Auditorio de Galicia
No marco da 59ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto mañá venres. Será ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, intervirá como solista o pianista catalán Josep María Colom.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela é seleccionada na II Convocatoria de Cidades Intelixentes cun proxecto en colaboración cos concellos de Zaragoza, Madrid e A Coruña
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou esta mañá que o Concello de Santiago vén de gañar a II Convocatoria de Cidades Intelixentes promovida polo Ministerio de Industria, co proxecto Plataforma de goberno aberto, colaborativo e interoperable. "Para nós", explicou Martiño Noriega, "é un éxito ter sido un dos 14 proxectos elixidos dos 111 presentados e, ademais, ter obtido a terceira mellor puntuación. Esta proposta supón dar un paso máis de cara a mellorar a transparencia no...
MEDIO AMBIENTE
O CIAC ofrece varias actividades para soportar a calor nos meses de verán
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) continúa coas súas portas abertas durante o mes de agosto e faino ademais ofrecendo varias actividades para todos os públicos.
FESTAS
Máis de 80.000 persoas participaron nas festas do Apóstolo 2016, as máis descentralizadas dos últimos anos
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, fixo balance esta mañá das festas do Apóstolo 2016, que congregaron a "milleiros de veciños e veciñas na cidade, enchendo as rúas e as prazas durante os 16 días de festa". Os festexos comezaran o 15 de xullo, co pregón do médico Anxo Carracedo, que suscitou moito interese e congregou a numeroso público na praza do Obradoiro.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibe os máis de 200 nenos e nenas que participan no campamento de verán do Centro Don Bosco
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e varios membros da Corporación recibiron esta mañá no Salón Vermello do Pazo de Raxoi aos máis de 200 nenos e nenas que participan este ano no campamento de verán do Centro Don Bosco, que se celebra do 1 ata o 12 de agosto.