CULTURA

Máis de 50.000 persoas gozaron co Festiclown

06/08/2007

O Festiclown chegou ao seu fin, un ano máis, logo de facer as delicias de cidadáns e visitantes ao longo de cinco días de risa, humor e solidariedade. Máis de 50.000 persoas gozaron dos espectáculos de exterior e de interior, das 120 actuacións, dos 13 cursos de formación e das 45 compañías que se deron cita nesta edición do Festiclown.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Remata o prazo para cubrir a enquisa de formación para persoas emprendedoras

06/08/2007

O venres 10 de agosto remata o prazo para que as persoas emprendedoras poidan cubrir a enquisa que deseñou a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo co obxectivo de ofertar os cursos e os horarios máis demandados. A enquisa pode cubrirse na web da Concellaría, www.maiscompostela.org, no microsite dedicado ao programa de fomento da cultura emprendedora Compostela Activa.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde pon ao día ao novo ministro de Cultura sobre os proxectos da cidade

06/08/2007

O ministro de Cultura, César Antonio Molina, mantivo un encontro informal co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que o puxo ao día sobre os proxectos da cidade xa encamiñados, algúns dos cales albergarán diferentes propostas culturais. Este é o caso do Museo de Santiago e das Peregrinacións e a Biblioteca Municipal de Xoán XXIII, que o alcalde espera ver inaugurada "antes de finais de ano".

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio publica os 50 anos de historia de "Música en Compostela"

06/08/2007

Cando se cumpre o 50º aniversario dos cursos "Música en Compostela", considerados como os máis antigos de España, o Consorcio de Santiago reedita os dous primeiros volumes publicados respectivamente en 1994 e 1995 e presenta o terceiro tomo que comprende os anos que van dende 1995 ao 2007.

Ler máis

CULTURA

Galicia e Euskadi unidos a través da música sinfónica

03/08/2007

O grupo de musica sinfónica vasco Tirri Tarra presenta en Galicia o seu espectáculo "Luz Negra/Argi Beltz", expresión do seu segundo disco, que leva o mesmo nome. Máis de 80 persoas subiranse ao escenario da Praza da Quintana, o sábado 4 ás 22:30 horas, nun concerto no que tamén participarán o Orfeón Terra a Nosa e a Orquestra Sotto Voce.

Ler máis

CULTURA

O Encontro de Malabaristas, as Galas Maraclown Solidario e a Clown Session, novidades na fin de semana de peche do Festiclown

03/08/2007

O Festiclown chega ao seu remate cunha fin de semana cargada de actividades. Ás seccións dos días anteriores únense sábado e domingo o II Encontro de Malabaristas, as Galas do Maraclown Solidario e a Clown Session. Así, na xornada de sábado tempo para gozar de novo co Maraclown polas rúas e, ás 19:00 horas, a primeira das galas do Maraclown Solidario. O Festiclown convoca estas galas por primeira vez co obxectivo de recadar fondos para a realización dunha nova caravana de Pallasos do Festiclown aos Municipios...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Abre as súas portas a primeira ludoteca para nenos e nenas de entre tres e doce anos

03/08/2007

O luns 6 de agosto, ás 19:00 horas, a ludoteca infantil Gazafello inaugura as súas instalacións na rúa da Torreira cun programa de actividades gratuíto pensado para que tanto os nenos e nenas como os seus pais e nais poidan coñecer o seu local e os servizos que ofertan. Gazafello é unha empresa nacida a partires do Proxecto Equal Compostela Social, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.

Ler máis
Compartir: