INFRAESTRUTURAS
As obras da entrada do AVE na cidade obrigan a restrinxir a dous carrís un pequeno tramo da rúa Amor Ruibal
A partir da media mañá do luns 21 quedará restrinxido a dous únicos carrís (un en cada sentido) un tramo de 30-40 metros da rúa Amor Ruibal, xusto por debaixo do paso superior polo que circula o tren. Precisamente, o motivo desta restrición son as obras para a ampliación deste tramo de vías, polas que entrará o AVE na estación compostelá.
TURISMO
Santiago estará presente dun xeito destacado no Fòrum Gastronòmic Girona 2011
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, acompañado da xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, presentou as actividades coas que Turismo de Santiago promocionará a cidade no Fòrum Gastronòmic, que terá lugar en Girona do 20 ao 23 de febreiro, onde Santiago de Compostela terá unha presenza destacada. Esta edición é un novo paso na traxectoria do Fórum, que se iniciou no 1999 e que dende o 2008 celébrase alternativamente en Santiago e Girona.
CULTURA
Mopa inaugura o SCQ Danza no Teatro Principal con "(espérame despierto)"
O ciclo SCQ Danza, que organiza a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, arrinca o venres 18 no Teatro Principal coa compañía Mopa. Será ás 21:00 horas coa presentación de (espérame despierto). É o primeiro dos sete espectáculos que a Concellaría ofrece este semestre dentro do programa SCQ Danza dedicado á danza contemporánea.
CULTURA
Teatro en Xira trae a Santiago seis das mellores producións da Península
O mellor teatro que está a xirar pola Península pasará tamén por Compostela neste 2011: o teatro comercial de calidade, teatro clásico e tamén producións máis arriscadas. A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron en rolda de prensa a programación anual de Teatro en Xira, que incluirá seis espectáculos nos que prima a "calidade e a diversidade".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica cinco obras de reforzo do firme en parroquias do rural
Na súa sesión ordinaria, a Xunta de Goberno adxudicou ata cinco obras de reforzo do firme en vías públicas de Sarela de Arriba (A Peregrina), Munín (Laraño), Muíños, Cesar e Sabugueira. Estas actuacións están incluídas no Plan de Obras e Servizos 2010 da Deputación da Coruña.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente restaurará as árbores e remodelará as beirarrúas das Fontiñas
A concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, presentou as obras de restauración de beirarrúas do barrio das Fontiñas que foron aprobadas pola Xunta de goberno do Concello, unha actuación financiada cos FEESL 2010. A empresa adxudicataria das obras será CESPA, por un total de 241.620 euros (IVE incluído), asignando á execución dos traballos un total de 22,5 traballadores (15,5 propios da empresa e 7 de nova contratación).
COMERCIO
Castelcan, Pérez Antolín e Seguridade A1, premiados na edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo "SCQ Shopping"
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os comercios gañadores da Edición de Nadal do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. O primeiro clasificado foi Castelcan, o segundo Pérez Antolín e o terceiro Seguridade A1.
TRANSPORTES
Doce paneis informan xa en tempo real sobre a situación dos autobuses urbanos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, asistiron na rúa Xeneral Pardiñas á posta en marcha do sistema de información do transporte urbano. Son doce paneis que indican o tempo aproximado de chegada á parada do autobús. Está prevista a colocación doutros dez paneis destas características.
ALCALDÍA
O alcalde confía en que o aeroporto de Lavacolla supere significativamente neste 2011 as cifras do Ano Santo
O primeiro mes do ano deixou datos "moi positivos" de crecemento para o aeroporto de Lavacolla, indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, especialmente "tendo en conta a perda dos voos internacionais" neste primeiro trimestre de 2011. Para o conxunto do ano, afirma que "probablemente se superen significativamente as cifras do Ano Santo".
CULTURA
Sete novos espectáculos coreográficos para o semestre do ciclo SCQ Danza
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron en rolda de prensa os novos espectáculos para este semestre de SCQ Danza, o programa da Concellaría dedicado á danza contemporánea que, a pesar da crise e das reducións orzamentarias, mantén a calidade e mesmo incrementa a oferta de espectáculos con respecto ao ano anterior.