PROMOCIÓN ECONÓMICA

Quince mulleres reciben formación como especialistas en asistencia persoal

29/10/2007

Quince mulleres están recibindo formación como especialista en asistencia persoal. A acción formativa, de carácter gratuíto, enmárcase no Proxecto Persoa III que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O obxectivo do curso é formar especialistas capaces de dar resposta ás distintas necesidades de apoio que presentan as persoas con diversidade funcional, e que empezan a ser consideradas a partir da aplicación da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e...

Ler máis

TURISMO

Xosé Manuel Iglesias reúnese con axentes turísticos e económicos de Salvador de Bahía

29/10/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, chega o 29 de outubro a Salvador de Bahía, procedente de Río de Janeiro. Entre os obxectivos da viaxe, organizada en colaboración co IPAEX (Instituto para a Proxección e a Análise Exterior), figura estabelecer relacións duradeiras cos axentes económicos, autoridades políticas, xestores turísticos e empresariado galego do Estado da Bahía; promocionar turisticamente Compostela nun contorno sensible cara o...

Ler máis

CULTURA

Compostela reunirá durante dous días a máis de 170 radioafeccionados

26/10/2007

Os días 27 e 28 de outubro celébrase en Santiago de Compostela o VI Congreso Nacional de Radioafeccionados organizado pola Asociación de Radioafeccionados Pórtico da Gloria en colaboración ca Concellaría de Cultura, coa Liga Española de Asociacións de Radioafeccionados e CB, coa Federación Catalán de CB. Neste congreso, que presentaron o director de Comunicación da Asociación, Fernando Rodríguez de la Torre, e o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, participarán asociacións de...

Ler máis

TURISMO

Axentes de viaxe italianos visitan Santiago

26/10/2007

Turismo de Santiago e a Cámara de Comercio organizan a viaxe de familiarización na que participan nove axentes de viaxe italianos, que promoverán a capital galega nos seus catálogos do 2008.

Ler máis
Compartir: