ACCIÓN CULTURAL
A XV edición do programa "Imos de excursión" ofrece 14 viaxes a destinos de Galicia, España e Portugal
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou a XV edición do programa Imos de excursión. Desta vez, a oferta promovida pola Rede de Centros Socioculturais componse de 14 viaxes, das que 5 son excursións dun día e 9 viaxes de varias xornadas. O calendario arranca o 24 de marzo cun percorrido de catro días polo País Vasco e rematará a principios de decembro cunha viaxe a Lisboa.
IGUALDADE
O proxecto "Compostela, territorio das mulleres" propón seis actividades para conmemorar o 8 de marzo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa as actividades que conformarán o proxecto Compostela, territorio das mulleres, que se desenvolverán con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Serán seis as actividades que se realizarán no marco desta iniciativa e durante varias semanas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Recepción a alumnos e alumnas do instituto alemán Johann Philipp Reis Schule, en intercambio co IES Pontepedriña
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, recibiu os alumnos e alumnas do instituto Johann Philipp Reis Schule, da cidade de Weinheim (Alemania).
FACENDA
A concelleira de Facenda reuniuse coa Asociación de Familias Numerosas para explicarlle as bonificacións fiscais
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, reuniuse este martes en Raxoi coa Asociación de Familias Numerosas para explicarlle as bonificacións fiscais ás que pode acceder este colectivo en 2016.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima en Zaragoza.
CONVIVENCIA
A Policía Local inspeccionou a pasada semana 54 vehículos de transporte de mercadorías, dos que seis foron propostos para sanción
Durante a pasada semana, do 15 ao 21 de febreiro, a Policía Local colaborou coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia nunha campaña da Dirección Xeral de Tráfico de control de furgonetas e todo tipo de camións. Inspeccionáronse 54 vehículos, dos que seis foron propostos para sanción: catro deles por exceso de peso autorizado, un por circular cos pneumáticos en mal estado e un por circular sen ter superado a Inspección Técnica de Vehículos (ITV).
ESPAZOS CIDADÁNS E DEREITO Á VIVENDA
A Xunta notifica a aprobación da ARI de Vite
O Instituto Galego da Vivenda e Solo comunicou esta mañá ao Concello a aprobación da declaración de Área de Rehabilitación Integral para o ámbito de Vite, que lle fora solicitada por acordo da Xunta de Goberno do pasado 7 de agosto. O IGVS e o Concello deberán asinar un convenio específico para o financiamento de actuacións de rehabilitación.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu os representantes do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro, e ao seu secretario xeral, Ramón Lois.
CONVIVENCIA
Os Bombeiros achegarán o seu traballo á cidadanía con exhibicións no Obradoiro
O 8 de marzo celébrase o Día dos Bombeiros, e o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Santiago vaino celebrar cun amplo programa de actividades no que colaboran as Concellarías de Medio Ambiente e Convivencia e de Educación e Cidadanía.Os actos terán lugar o sábado 5 de marzo, na praza do Obradoiro, a partir das 10:30 horas, e consistirán en talleres e exhibicións para amosar o traballo dos bombeiros e para achegarlle á cidadanía algunhas nocións básicas sobre...
TURISMO
Turismo de Santiago e Turkish Airlines promocionan a cidade en Corea do Sur
Turismo de Santiago e Turkish Airlines organizan conxuntamente unhas xornadas de traballo en Seul para presentar a cidade ás principais empresas do sector turístico coreano que traballan no turismo cultural. Nestas xornadas, que se celebrarán de martes a xoves desta semana, participarán arredor de 100 das principais empresas do sector turístico do país, entre axencias de viaxes, turoperadores e medios de comunicación.