CENTROS SOCIOCULTURAIS

Noites de música na terraza da Trisca

23/05/2007

A concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez presentou o ciclo de concertos "Noites de música na terraza". Terán lugar no Centro Sociocultural da Trisca os días 24 de maio, 7 e 21 de xuño e 12 de xullo, ás 22:00 horas.

Ler máis

AUDITORIO

Noite de violíns no Auditorio de Galicia

23/05/2007

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto cuxo protagonista absoluto é o violín, nas mans de Jean Jacques Kantorow e do seu violín principal James Dahlgren. Será o xoves 24 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Ler máis

DEPORTES

O Polígono do Tambre acollerá unha carreira popular solidaria

23/05/2007

Un circuíto nas estradas do Polígono do Tambre será o escenario, o 17 de xuño, ás 11:30 horas, da I Carreira Solidaria "Polígono do Tambre". Esta proba foi posta en marcha pola organización non gobernamental, Intermón Oxfam, por iniciativa do atleta santiagués Pedro Nimo, e ten o obxectivo de recadar fondos para a construción dunha escola en Angola. A cita conta co patrocinio da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e coa colaboración da Fundación Compostela Deporte e do...

Ler máis

DEPORTES

O campo de fútbol das Cancelas renova o seu céspede artificial

21/05/2007

O Goberno local adxudicou as obras de reforma do campo de fútbol das Cancelas. Dedicarase un orzamento de 248.462 euros a unha actuación que suporá a substitución do actual céspede artificial por outro novo e a renovación doutras instalacións complementarias. O prazo de execución é de 28 días.

Ler máis
Compartir: