TURISMO
Reunión da Comisión de Turismo do grupo de Cidades Patrimonio da Humanidad de España
A sede de Turespaña en Madrid acolleu a reunión da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, á que asistiu a concelleira de Turismo, Reyes Leis.
SEGURIDADE
A Corporación homenaxea os axentes da Policía local que traballaron no accidente de Angrois
O acto de homenaxe aos 80 policías locais que participaron nos labores relacionados co accidente ferroviario do pasado 24 de xullo tivo lugar no Auditorio de Galicia. O alcalde compostelán, Ángel Currás, fixo entrega dos galardóns acompañado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.
EMPREGO
Santiago ten mil parados menos que hai un ano
O número de persoas paradas en abril foi de 8.741, fronte ás 9.771 que houbo en abril do 2013 e as 9.467 de abril de 2012. O pasado abril foi o mellor dende o comezo da crise económica, con 264 parados menos respecto do mes de marzo, un 2,93% menos.
FACENDA
A liquidación do orzamento de 2013 dá como resultado un remanente positivo de 4,6 millóns de euros
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, valorou moi positivamente estes datos xa que "reflexan a consolidación e estabilidade da xestión orzamentaria". A liquidación tamén deixa de aforro bruto 6,9 millóns de euros e unha cifra de estabilidade de 11,8 millóns, así como a redución do tempo de pago a proveedores e da débeda media por habitante.
DEPORTES
Raxoi recibe ao Santiago Futsal
O equipo santiagués visitou o Pazo de Raxoi onde foi recibido polo alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, con motivo da súa proclamación como gañadores da Copa Xunta de Galicia.
DEPORTES
O sábado 10 de maio Compostela acolle a Andaina dos 50 quilómetros
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a X edición dunha camiñata que forma parte do calendario oficial da "Copa Galega 2014 Andainas 50 Km" da Federación Galega de Montañismo. Ademais este ano conta con oito probas puntuais. Estivo acompañado polo presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, entidade organizadora do evento.
TURISMO
Santiago celebra a súa semana xaponesa con gastronomía, obradoiros, exposicións e concertos
O programa inclúe unha mostra de cantos e danzas de monxes budistas e sacerdotes xintoístas da Prefectura de Wakayama. A Semana de Xapón en Santiago, organizado por Turismo de Santiago no marco do Ano Dual Xapón España, celebrarase entre o nove e o trece de maio.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo para participar na excursión ao Bierzo, Villafranca e As Médulas
O martes 6 de maio, a partir das 17 horas, ábrese o prazo para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión. Neste caso trátase de descubrir o Bierzo, saída prevista para o sábado 24 de maio.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Auditorio acolle a entrega de medallas aos policía locais que traballaron no accidente de tren de Angrois
O Pleno da Corporación aprobou na súa sesión ordinaria do mes de abril a concesión de distincións a oitenta axentes que traballaron no accidente de tren de Angrois o pasado 24 de xullo. O acto de entrega, que estará presidido polo acalde compostelán, Ángel Currás, terá lugar mañá martes 6 de maio ás 19.00 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
O primeiro ministro xaponés visita Santiago
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, xunto co presidente do Goberno, Mariano Rajoy, acompañou ao primeiro ministro xaponés, Shinzo Abe, e a súa esposa nesta visita, que servirá para reforzar as relacións bilaterais entre ambos países.