CULTURA
Nick Waterhouse, arranque de luxo para unha nova edición do ciclo Galicia Importa, o primeiro en colaboración co Compostela Rock
Unha das sensacións do actual revival soul, Nick Waterhouse, estrearase en Galicia o próximo 27 de marzo na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Faino dentro do Ciclo Galicia Importa, que arranca con este concerto unha colaboración con Compostela Rock para continuar coa súa programación en Santiago. As entradas xa están á venda a un prezo de 16 € + gastos a través de Ticketea.com, a web de Servinova, o teléfono 902 504 500, A Reixa Tenda e o despacho de billetes do Teatro Principal.
CULTURA
Luma Gómez ofrece de novo "A tixola polo mango (Muller, non é para tanto)" dentro do ciclo Falabaratos
Luma Gómez presenta de novo, tras a función do sábado pasado, o monólogo A tixola polo mango (Muller, non é para tanto) dentro do ciclo Falabaratos. Dirixida por Eduardo Alonso, estará este sábado 8 de febreiro, a partir das 20:00 horas, na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta). As entradas, a 6 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) ou o mesmo día do evento no CSC Santa Marta dende as 18:00 horas.
CULTURA
Iraya Producciones presenta "El arte de la entrevista", de Juan Mayorga, dentro do ciclo Teatro & Danza
Iraya Producciones trae ao Teatro Principal El arte de la entrevista, de Juan Mayorga, protagonizada por Alicia Hermida, Luisa Martín, Elena Rivera e Ramón Esquinas. Dentro do ciclo Teatro & Danza e dirixida por Juan José Afonso, poderemos ver a representación este sábado 8, a partir das 20:30 horas, no Teatro Principal. As entradas están xa á venda a un prezo de 18 euros (14 € no anfiteatro) no despacho de billetes do propio Principal, aberto de 18:00 a 21:00 horas, e en Novagaliciabanco (web e teléfono).
CONSORCIO
O alcalde visitou a capela de San Roque de Sabugueira, na Lavacolla, reformada polo Consorcio de Santiago
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, acompañado da xerente do Consorcio, María Antón, visitou a capela de San Roque, situada na parroquia de Sabugueira, na Lavacolla. Comprobaron in situ os resultados dos traballos promovidos pola Oficina Técnica do Consorcio, centrados na recuperación do atrio ou soportal da ermida. Tamén estivo presente a arquitecta Idoia Camiruaga, responsable da coordinación do proxecto e da dirección da obra, cuxo orzamento global ascendeu aos 19.994 euros. As obras...
XUVENTUDE
Elixidos os 12 finalistas noveis do I Certame de Música SantiAutor
Rematado o 28 de xaneiro o prazo de inscrición no I Certame de Música SantiAutor para artistas noveis, organizado pola Concellería de Xuventude xunto coa Sala Sónar, e reunido o xurado, este elixiu os 12 finalistas: Yeyo, Adán Jorge, Carlos Valiño, The L Adelines Garden, Rubén Artabe, Daniel Royo, David Prado, Su Garrido, Sheila Patricia, Miguel Alonso, Plan Siberia e Fátima Baña.
COMERCIO
O Concurso de Vídeos "No corazón do teu barrio" promove o comercio de proximidade na zona do Urbana Santiago Norte
Os veciños da zona norte de Santiago poderán participar no Concurso de Vídeos No corazón do teu barrio, que promoverá o comercio de proximidade da zona Urbana Norte da capital galega. Esta é unha iniciativa incluída no programa Urbana Santiago Norte, financiado a través de fondos FEDER.
XUNTA DE GOBERNO
As persistentes choivas obrigan a prorrogar a finalización das obras da rúa de San Pedro
A voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, informou en rolda de prensa dos acordos da Xunta de Goberno ordinaria, así como dos tratados nunha sesión extraordinaria o venres 31. Nesta última acordouse a prórroga das obras da rúa de San Pedro ata finais de marzo.
COMERCIO
Reunións informativas sobre as axudas para reforma de locais e implantación das TICs no ámbito do Urbana Santiago Norte
O 28 de febreiro rematará o prazo de solicitude de axudas para a reforma de locais de negocio e implantación de tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) no ámbito do programa Urbana Santiago Norte. Con tal fin, realizaranse dúas reunións informativas: a primeira, este xoves 6 de febreiro, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural de Vite e, a segunda, o martes 11 de febreiro, á mesma hora, no Centro Sociocultural da Trisca.
MOBILIDADE
A explotación da cafetería da estación de autobuses sairá de novo a concurso
A empresa municipal TUSSA convocará novamente un concurso para adxudicar a explotación da cafetería da estación de autobuses. Esta decisión adóptase ao quedar deserto o anterior concurso, como consecuencia da renuncia da única empresa presentada.
CULTURA
Cancelado o concerto de Quique González en Compostela por un accidente do artista
O concerto que Quique González tiña programado para este sábado 8 na Sala Capitol dentro do ciclo Compostela Rock e para o que estaban todas as entradas vendidas, tivo que ser cancelado no último momento por mor dun pequeno accidente no que o artista sufriu un corte na man, do que xa foi operado.