ESPECTÁCULO

A Praza do Obradoiro convértese nun espazo escultórico de xeo

09/09/2006

Santiago foi o lugar escollido para presentar por primeira vez en España os Fear No Ice. Os americanos Scott Rella, Kevin Roscoe e Meter Slavin, recoñecidos como os mellores escultores en xeo do mundo, conseguirán crear na Praza do Obradoiro unha ampla gama de traballos artísticos en xeo. A cita é o domingo 10 de setembro.

Ler máis

EMIGRACIÓN

O Concello colaborará na elaboración dun estudio sobre a situación dos composteláns residentes en Venezuela

08/09/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Fundación Españoles en el Mundo de Venezuela, Cándido Rodríguez Losada, asinaron esta mañá un convenio de colaboración, que permitirá coñecer mellor a situación dos emigrantes santiagueses residentes en Venezuela. O Concello achegará 3.500 euros para a realización dun estudio con este fin.

Ler máis

INCENDIOS

Os incendios do verán afectaron a 1.422 hectáreas do municipio

08/09/2006

Despois das medicións realizadas polos técnicos municipais, a superficie queimada no termo municipal de Santiago é de 1.422 hectáreas, das que 900 hectáreas arderon só nas dúas primeiras semanas do mes de agosto, segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. As parroquias de Figueiras e Villestro foron as máis afectadas.

Ler máis

TRANSPORTES

Cambios nas liñas 5, 13, C5, C6 e 11 do transporte urbano

08/09/2006

O concelleiro de Transportes, Xaquín Fernández Leiceaga, presentou os novos horarios de inverno do servizo de transporte urbano. Os principais cambios afectan ás liñas 5, 13, C5, C6 e 11 e teñen o principal obxectivo de dar resposta á expansión da cidade.

Ler máis

PLENO MUNICIPAL

Aprobada a solicitude do crédito de 600.000 euros para facer fronte aos gastos ocasionados polo lume

08/09/2006

O Pleno da Corporación Local, reunido en sesión extraordinaria, autorizou a apertura dun crédito extraordinario de 600.000 euros, para atender os gastos ocasionados polo operativo contraincendios do mes de agosto e para as actuacións de emerxencia destinadas a restaurar as zonas queimadas. O primeiro dos conceptos supuxo un gasto de 258.742 euros, mentres que as actuacións de emerxencia implicaron o investimento de 341.257 euros.

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

En marcha novas redes de subministro e a remodelación de varias rúas da cidade

07/09/2006

A Concellaría de Infraestruturas está a traballar actualmente na creación dunha rede de subministro de auga entre Son de Abaixo e A Grixoa para subministrar auga aos veciños da zona. O custo das obras é de 205.000 en A Grixoa e de 60.000 en Son de Abaixo. Así mesmo, proximamente levarase a cabo o asfaltado con aglomerado en quente entre estas dúas zonas, que conleva uns gastos de 60.000 euros.

Ler máis

EIXO ATLÁNTICO

Un grupo de expertos debate en Santiago sobre os grandes proxectos da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal para os vindeiros sete anos

07/09/2006

O grupo de expertos que está a elaborar o documento "Sete ideas para sete anos decisivos" reuniuse en Santiago. O alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu a esta xuntanza, na que se avanzou na concreción dos Segundos Estudos Estratéxicos desta asociación transfronteiriza.

Ler máis

TURISMO

Agosto confirma o bo momento do turismo en Compostela e o peso cada vez maior dos visitantes estranxeiros

07/09/2006

Compostela está a rexistrar un verán "excelente" dende o punto de vista turístico, segundo indicou o concelleiro de Turismo, Francisco Candela, na presentación dos datos correspondentes ao mes de agosto. A presenza estranxeira ten cada vez máis peso, como o demostra o feito de que, no pasado mes, os turistas doutros países representaron un 37% do total, fronte ao 31% do mesmo período en 2004. En liñas xerais, agosto volveu a deixar resultados satisfactorios tanto no número de consultas como no de pernoctacións.

Ler máis

INCENDIOS

O Concello realizará unha nova medición para zanxar a polémica sobre as hectáreas queimadas

07/09/2006

Os técnicos municipais realizarán unha nova medición das hectáreas queimadas durante a vaga de incendios deste verán para zanxar definitivamente a polémica aberta en días pasados. Así o anunciaba o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, durante a visita que fixo a Vidán, unha das áreas nas que o Concello está a intervir de emerxencia para evitar a erosión do solo e para impedir que o arrastre dos restos orgánicos carbonizados poidan chegar ao cauce do río Sarela.

Ler máis
Compartir: