ALCALDÍA
O alcalde compostelán eloxia a capacidade de José Antonio Souto Paz para "recoñecer o pluralismo e alentar o consenso"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a homenaxe a José Antonio Souto Paz, coa descuberta da placa que dá nome á rúa de Pontepedriña que lembra a figura do que fora alcalde da primeira Corporación democrática de Santiago de Compostela. O ex rexedor (1979-1981) e a súa familia, xunto con outros concelleiros daquela primeira Corporación, participaron no acto.
TURISMO
Vueling conectará Santiago con Málaga a partir do 21 de decembro
Vueling enlazará as cidades de Santiago de Compostela e Málaga a partir do próximo 21 de decembro e durante o resto da tempada de inverno 2013-14. A aerolínea comezará conectando ambas cidades con dúas frecuencias semanais os luns e venres para pasar a tres, engadindo o mércores, a partir do 17 de febreiro.
CULTURA
Vinte e sete eventos diferentes dentro do programa Infantil & Familiar para o último trimestre deste ano
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o programa do ciclo Infantil & Familiar para esta última parte do ano. En total son 27 eventos dos cales se ofrecerán 39 funcións en distintos lugares da cidade: Teatro Principal, Zona C, CGAC, Sede SGAE/Fundación Autor e Sala Agustín Magán no CSC de Santa Marta.
TURISMO
O Santiago(é)Tapas 2013 encherá de petiscos a cidade durante o mes de novembro
A VI edición do Santiago(é)Tapas celebrarase do 7 ao 24 de novembro. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu á presentación do certame no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela.
ALCALDÍA
O Consello da Cultura Galega celebrou o XXX aniversario da súa creación
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á conmemoración do XXX aniversario da creación do Consello da Cultura Galega. No acto tamén participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.
BENESTAR SOCIAL
"+ que fútbol": o deporte cun enfoque socializador, preventivo e integrador
A titular de Benestar Social, María Castelao, e a de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiron no pavillón Quiroga Palacios á actividade + que fútbol, organizada pola Concellería de Benestar Social dentro do Plan de Acción Local para a Prevención das Drogodependencias.
ALCALDÍA
Clausurado o III Festival Peregrinos Musicais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao concerto de clausura e á entrega dos premios do III Festival Internacional Peregrinos Musicais
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Amplíase ata o venres 4 de outubro o prazo de solicitude de participación no I Concurso de Graffitis en Entornos Socioculturais
A Concellería de Centros Socioculturais puxo en marcha o I Concurso de Graffitis en Entornos Socioculturais, organizado coa colaboración da Asociación de Veciños de Pontepedriña. Esta primeira edición do certame centrarase na intervención sobre pare do muro exterior do Local Sociocultural de Pontepedriña. O prazo de solicitude de participación neste certame prolóngase ata o venres 4 de outubro. Ademais, amplíase a toda Galicia o ámbito de participación, coa colaboración na difusión da...
DEPORTES
A XII Camiñada ao Pedroso ofrece unha oportunidade solidaria de percorrer a pé os bosques da ribeira do Sarela
Santiago acollerá o domingo 6 de outubro, ás 10:00 horas, a XII Camiñada ao Pedroso. Esta andaina solidaria, cuxa recadación irá integramente a UNICEF, foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela; acompañado da coordinadora de UNICEF en Santiago, Irene Marín, e do presidente do Club Deportivo Fontiñas, Javier Laíño.
XUNTA DE GOBERNO
O día de San Xoán será festivo en 2014
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou os festivos para o ano 2014, que serán a Ascensión e o San Xoán. Ademais, deu o visto bo ao proxecto de mellora da mobilidade e da accesibilidade en Vista Alegre, a varias obras nos barrios e á rede de parques biosaudables nas parroquias.