MULLER
A Concellería da Muller organiza un panel de boas prácticas sobre conciliación
A Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego organiza unha serie de Circuítos de Corresponsabilidade no marco do programa Compostela Corresponsable. Estar será a segunda das catro xornadas previstas.
EMPREGO
A I Feira Internacional de Emprego permitirá optar a procesos de selección de diversos postos de traballo
A primeira edición da Feira Internacional de Emprego (FIE), organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), celebrarase os próximos días 3 e 4 de novembro no pavillón Multiusos Fontes do Sar.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu un grupo de escolares de intercambio do Colexio Manuel Peleteiro
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu un grupo de alumnos de intercambio do Colexio Manuel Peleteiro, acompañado polo concelleiro de Educación, Ángel Currás. Son 15 escolares alemáns que pasaron uns días en Compostela e están a piques de regresar ao seu país. Logo serán os alumnos do Peleteiro os que viaxen a terras xermanas.
CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
+ Curtocircuíto leva as súas curtametraxes ao Auditorio e distintos centros socioculturais
Ponse en marcha a sección +Curtocircuíto, coa que se completa a VIII edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, que organiza a Concellería de Cultura. Nesta sección proxectaranse no Auditorio de Galicia e en distintos centros socioculturais as máis de 30 curtametraxes que formaron parte do Festival nas súas distintas seccións. Para presentala compareceron en rolda de prensa os concelleiros de Cultura e Centros Socioculturais, Ángel Currás e Francisco Javier Noya; o...
TURISMO
Santiago acolle unha Feira Medieval que busca a súa personalidade propia
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou na oficina de Incolsa a Feira Medieval de Santiago de Compostela, acompañada do xerente de Compostela Monumental, José Ángel Blanco, e do representante da empresa organizadora Juan José García.
ALCALDÍA
Conde Roa: "Non se pode executar a estación do AVE antes de que estea redactado o planeamento de desenvolvemento"
"Non podemos comprometer o desenvolvemento urbanístico da cidade polas presas electorais", apuntou o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, a propósito da futura estación do AVE. Indicou que dende o Concello non se autorizará o financiamento da estación grazas a aproveitamentos urbanísticos que impliquen a construción dun novo centro comercial.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música inicia o curso
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, visitou a Escola Municipal de Música de Santiago con motivo do acto de inauguración do curso escolar 2011-2012.
CULTURA
Esgotadas as entradas para as dúas funcións de "O barbeiro de Sevilla"
O Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia inauguran a súa temporada de abono o mércores 28 de setembro, ás 20:00 horas, coa ópera O barbeiro de Sevilla, que se repetirá en segunda función o venres 30. As entradas para as dúas funcións esgotáronse ao longo da mañá de martes 27.
MOBILIDADE
Modificacións na rotonda de Conxo para mellorar a mobilidade na zona
O concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, anunciou que a partir do xoves 29 se procederá a realizar un cambio na rotonda de Conxo co obxectivo de mellorar a mobilidade da zona. A modificación consistirá na colocación dun valado na rotonda, de xeito que os vehículos que procedan de Conxo e do Hospital Provincial non poderán xirar á súa esquerda.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a instalación de alumeado no campo de fútbol de San Lázaro
A Xunta de Goberno aprobou, entre outros asuntos, a dotación de alumeado para o novo campo de fútbol de San Lázaro, así como unha nova edición do programa "Á auga patos". Tamén se procedeu ao nomeamento dos representantes municipais nos consellos escolares e autorizouse a utilización do CEIP Apóstolo Santiago para a preparación do graduado en educación secundaria para adultos.