PROMOCIÓN ECONÓMICA

Seguridade A-1, Kosas de Kasa e Xanana, premiados na edición de Nadal do concurso de Escaparatismo

27/12/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou aos tres premiados na edición de Nadal do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". En primeiro lugar clasificouse o estabelecemento Seguridade A-1, en segundo lugar quedou a tenda de decoración Kosas de Kasa Interiorismo, e o terceiro premio foi para a xoiaría Xanana. Á edición de nadal do concurso presentáronse 53 estabelecementos comerciais, de sectores tan diversos como téxtil, pel, calzados,...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba as subvencións para o fomento das actividades culturais e a instalación de novos semáforos en Puente Castro

26/12/2007

A penúltima sesión da Xunta de Goberno Local deste 2007 tivo como principais puntos da orde do día a adxudicación do subministro e instalación de semáforos na praza de Puente Castro, así como a proposta da Alcaldía de encomendar ao Consorcio de Santiago a formulación da proposta de candidatura de Compostela para participar cunha mostra na Exposición Universal de Shangai de 2010. Dentro das urxencias, acordouse proceder ao pago das subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais do ano 2007.

Ler máis

ALCALDÍA

Concello e Deputación formalizan unha achega de 825.000 euros para o financiamento do persoal e funcionamento do parque de bombeiros de Santiago

26/12/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asinaron no Pazo de Raxoi o convenio polo que se financian os gastos de persoal e funcionamento do parque comarcal de bombeiros de Santiago, que da servizo tamén aos concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Padrón, Rois, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello potencia a recuperación e posta en valor dos ríos de Compostela

26/12/2007

A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e o presidente de "Augas de Galicia" Jorge Antonio Santiso Blanco presentaron o resultado dos traballos de limpeza desenvolvidos no río Sarela e no río Sar. Xuntos visitaron a zona do Muiño do Lermo, no río Sarela, para mostrar como ten ficado a ribeira do río despois desta actuación.

Ler máis

TRANSPORTES

Aprobadas as tarifas dos aparcadoiros para 2008

26/12/2007

O Consello de Administración de Tussa aprobou hoxe a proposta de tarifas para os aparcadoiros para o 2008, así como a proposta de tarifas da estación de autobuses para o ano que entra e o inicio do proceso de selección para a contratación dun novo xerente, entre outros asuntos de orde interna.

Ler máis

EDUCACIÓN, DEPORTES E FESTAS

Un Nadal cheo de diversión

21/12/2007

Os concelleiros de Educación, Guadalupe Rodríguez; de Deportes, Andrés Fariña; e de Mocidade, Xosé Baqueiro, presentaron Nadalxogo 2007. Do xoves 27 de decembro ao venres 4 de xaneiro (agás o 31 de decembro), en horario de 17:00 a 21:00 horas,os máis novos teñen unha cita no multiusos Fontes do Sar, onde atoparán unha atractiva oferta de actividades.

Ler máis
Compartir: