ALCALDÍA
A Asociación de Municipios do Camiño celebrará a súa Asemblea de 2017 en Santiago
O alcalde de Santiago asistiu este venres en León á primeira Asemblea da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, unha entidade que pretende impulsar a coordinación entre os pobos e cidades da ruta Xacobea, dende Canfranc a Compostela.
FACENDA
O Goberno municipal incorpora 25 das propostas dos grupos da oposición ao proxecto de orzamentos
A concelleira de Facenda deu conta hoxe das achegas da oposición que foron incorporadas ao proxecto dos orzamentos municipais para 2016. María Rozas explicou que, despois de dous meses de diálogo, incluíronse no documento 25 propostas dos tres grupos da oposición, e outras 8 foron aceptadas parcialmente. A maioría das achegas incorporadas proceden do PSOE e do BNG, se ben a edil incidiu en que o número de propostas dos grupos foi moi dispar (4 do PP, 31 do PSOE e 10 do BNG).
DEPORTE
O alcalde e a concelleira de Deporte reciben os participantes do Club de Natación Cidade de Santiago no Campionato Galego Alevín
O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Deportes, Noa Morales, recibiron esta tarde no Pazo de Raxoi aos 15 membros do Club de Natación Cidade de Santiago que participaron no Campionato Alevín Galego de Natación, celebrado o pasado fin de semana en Santa Isabel.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO
Corenta expositores venderán as súas pezas na III Feira de Antigüidades de Santiago
O Palacio de Congresos e Exposición de Galicia acollerá os días 26, 27 e 28 de febreiro a III Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, á que asistirán 40 expositores de España e varios países europeos. O evento foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.
TURISMO
As pernoctacións medraron un 9,77% no mes de xaneiro en Santiago de Compostela
No mes de xaneiro rexistráronse en Santiago 41.249 pernoctacións, un 9,77% máis que no mesmo mes do ano pasado, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). Estas cifras son superiores ao crecemento medio estatal, que foi do 8,2%, apuntando o bo comportamento que está tendo a demanda turística na cidade nos últimos meses.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cita esta fin de semana no Castiñeiriño co programa "Imos ao baile 2016"
O programa Imos ao baile 2016 ten este sábado, 27 de marzo, unha nova cita no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. Esta iniciativa, que arrancou o pasado 30 de xaneiro cun baile no CSC de Laraño, ten previsto este ano 28 bailes, repartidos entre diferentes centros socioculturais e a devandita Casa das Asociacións.
ALCALDÍA
O alcalde preside a ofrenda floral a Rosalía de Castro no 179º aniversario do seu nacemento
Este 24 de febreiro cúmprense 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro e, como é habitual, a escritora foi homenaxeada cunha ofrenda floral diante do busto que a recorda, no paseo da Alameda compostelá. O acto estivo presidido polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e contou coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Tamén asistiron a concelleira de Acción Cultural, Branca...
POLÍTICAS SOCIAIS
A concelleira de Políticas Sociais visita as dependencias de Cáritas Interparroquial na cidade para coñecer o seu traballo
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, fixo unha visita esta mañá ás dependencias que Cáritas Interparroquial ten por toda a cidade. A visita comezou na sede de Cáritas na rúa Hospitaliño, continuou polo centro Abeiro en Fontiñas e rematou en Vieiro.
MEDIO AMBIENTE
A Tropa Verde chegará este ano aos colexios de secundaria de Compostela
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe as actividades previstas para este ano no marco do proxecto Tropa Verde. Xan Duro explicou que en 2016 se quere traballar "en tres liñas básicas: a ampliación e difusión da Tropa Verde, a implantación do programa nos colexios de secundaria, e as campañas específicas asociadas a residuos concretos como os aceites vexetais de fritura ou as pilas. Na rolda de prensa, o edil estivo acompañado por Miguel Varela, de Teima Desenvolvemento, a firma que se encarga do programa.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse cos representantes veciñais do barrio da Almáciga
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, reuníronse coa Asociación de Veciños Francisco Asorey, da Almáciga.